Pandora (ou en grego Πανδώρα) é unha lúa interior de Saturno. Foi descuberta en outubro de 1980 a partir de imaxes tomadas pola sonda Voyager 1, e foi designada provisionalmente coma .IAUC 3532: Satellites of Saturn 31 de outubro de 1980 (descubrimento) A finais de 1985 recibiu o nome oficial de Pandora, extraído da mitoloxía grega.IAUC 4157: Satellites of Saturn and Pluto 3 de xaneiro de 1986 (bautizando a lúa) Tamén é coñecida coma .
Pandora actúa coma lúa pastor da parte exterior do anel F. Está máis craterizado ca súa veciña Prometeo, e posúe dous cráteres que andan ó redor dos 30 km de diámetro.
A órbita de Pandora é caótica, coma consecuencia da resonancia orbital con Prometeo. Os cambios máis apreciables ocorren aproximadamente cada 6,2 anos, cando a periapse de Pandora coincide coa apoapse de Prometeo, no momento en que as lúas se aproximan entre elas a uns 1400 km. Pandora tamén está en nunha resonancia de 3:2 con Mimas.
A partir da súa baixa densidade e albedo relativamente alto, pódese deducir que Pandora é un corpo xeado moi poroso.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Saturno Prometeo
Ligazóns externas
Pandora at NASA's Solar System Exploration Pandora at The Planetary Society
Categoría:Lúas de Saturno