Abrantes é un concello e cidade do distrito de Santarém (Portugal), na provincia de Ribatexo, rexión do Centro (Região das Beiras) e subrexión de Médio Tejo, cuns 18.500 habitantes.
É a cabeceira dun concello con 714,69 km² de superficieInstituto Geográfico Português (2013). «Áreas das freguesias, municípios e distritos/ilhas da CAOP 2013» (XLS-ZIP). Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2013. Direção-Geral do Território. Consultado o 27 de novembro de 2017 e 39.325 habitantes (2011), subdividido e 13 freguesíasLei n.º 11-A/2013, de 28 de janeiro: Reorganização administrativa do território das freguesias. Anexo I. Diário da República, 1.ª Série, n.º 19, Suplemento, de 28/01/2013. ou parroquias e cunha densidade demográfica de 55,02 hab/km².
O concello limita polo norte con Vila de Rei, Sardoal e Mação, ao leste por Gavião, no sul con Ponte de Sor e no oeste con Chamusca, Constância, Vila Nova da Barquinha e Tomar.
Historia A orixe podería ser celta, aínda que o seu nome provén do latín Aurantes. Recibiu categoría de cidade en 1916, pola lei nº 601 de 14 de xuño. Hoxe a cidade engloba catro das freguesías: Rossio ao Sul do Tejo, São João e São Vicente e Alferrarede.
Fitos históricos principais: En 1148, Afonso Henriques conquista aos musulmáns o Castelo de Abrantes e dóao, en 1173, xunto co seu termo á Orde de Santiago da Espada. 1179: Primeiro foro de Abrantes, concedido por Don Afonso Henriques, en recompensa pola resistencia ofrecida aso ataques mususlmáns de Abem Jacob. 1217: Confirmación do foro por D. Afonso II. En 1385 Abrantes serviu de punto de encontro entre as tropas de Nuno Álvares Pereira e de Xoán I, antes de partiren para a Batalla de Aljubarrota. En 1471 Lopo de Almeida é nomeado 1.º Conde de Abrantes. En 1518 é reformado o Foro de Abrantes por Manuel I. 1807: Abrantes é ocupada polas tropas do xeneral Junot, a quen Napoleón Bonaparte concedeu o título de Duque de Abrantes. 7 de novembro de 1862: inauguración da liña férrea do Leste. En 1870 foi concluída a ponte sobre o Texo; a ponte ferrovizria fora inaugurada en 1889. En 1891 entrou en funcionamento a Liña da Beira Baixa.
Xeografía A cidade de Abrantes érguese sobre unha cuíña a 100 m da marxe dereita do Texo, dominando todo o val desde o oeste de Belver, concello do Gavião, até o concello de Constância.
Economía A cidade de Abrantes é un polo comercial e industrial da fértil rexión agrícola próxima. Ten industria metalúrxica e metalmecânica de importancia nacional, como a factoría de Mitsubshi Fuso Truck Europe. Localízase alí tamén a Tejo-Energia, cunha central termoelétrica no Pego, sendo a maior empresa do distrito de Santarém.100 Maiores Empresas do Distrito de Santarém (2011).
Gastronomía As principais especialidades locais son os dóces, entre os que destacan as seguintes especialidades: Palla de Abrantes, lamprea de ovos, bolo real, broas de Abrantes, paraísos e queixo do ceo.
No peixe, destaca-se a açorda de sábalo, arroz de lamprea, peixe fritido do rio e robaliza á grella. É significativa a cantidade de pratos de peixe, debido á proximidade da cidade ao río Texo.
Na carne, destacan o cabrito asado no forno e o churrasco de porco.
Artesanía Na zona de Abrantes mantéñense ofícios de cesteiros, esparteiros, oleiros e tecedores.
Feiras, festas e romarías A feira anual de São Matias vai dende o 24 de febreiro até o 1º domingo de marzo. As festas do concello trancorren do 9 ao 14 de xuño. Feira Nacional de Doçaria Tradicional, organizada pola TAGUS - Ribatejo Interior e a Câmara Municipal, celébrase na derradeira fin de semana de outubro A Feira da Ladra Numismática sucede durante os primeiros sábados de cada mes, na Praça Barão da Batalha. Feira Franca - Centro Histórico - 5º sábado - realízase no último sábado dos meses con 5 sábados fESTA - Festival de Tunas Mistas organizado pola EstaTuna, tuna da Escola Superior de Tecnologia de Abrantes.
Poboación Número de habitantesInstituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - https://www.ine.pt/xportal/xmain?xpid=INE&xpgid=ine_publicacoes18641878189019001911192019301940195019601970198119912001201120.30322.17024.67127.45332.32234.36739.32745.33248.92551.86948.67548.65345.69742.23539.325 (Nota: Número de habitantes "residentes", ou sexa, que tiñan residencia oficial no concello na data en que se realizara o censo) Número de habitantes por Grupo de idadesINE - http://censos.ine.pt/xportal/xmain?xpid=CENSOS&xpgid=censos_quadros19001911192019301940195019601970198119912001201120210-14 Anos9 29310 37910 76512 50913 69913 04213 83312 53510 5827 4065 4434 9473 51415-24 Anos4 6716 2365 9217 4468 3899 0928 2997 3957 5746 7435 1413 5103 20725-64 Anos11 06812 69513 76116 23518 78121 74424 68422 65023 08122 83321 64320 62416 921= ou > 65 Anos1 8711 9772 3152 9443 2483 8985 0536 0957 4168 71510 00810 24410 687> Idade descoñecida17681678171 (Nota: De 1900 a 1950 os datos refírense a poboación "de facto", ou sexa, que estaba presente no concello na data en que os censos ser levaran a cabo. Por iso, pode haber algunhas diferenzas respecto coa poboación residente) .
Freguesías miniatura|Freguesías de Abrantes O concello de Abrantes está dividido nas seguintes 13 freguesías: Abrantes (São Vicente e São João) e Alferrarede Aldeia do Mato e Souto Alvega e Concavada Bemposta Carvalhal Fontes Martinchel Mouriscas Pego Rio de Moinhos São Facundo e Vale das Mós São Miguel do Rio Torto e Rossio ao Sul do Tejo Tramagal
Cidades irmandadas A cidade de Abrantes está irmanada con: Parthenay, Deux-Sèvres, Francia (desde 16 de abril de 1994) São Nicolau, Cabo Verde (desde 7 de xullo de 1998) Hitoyoshi, Kumamoto, Xapón (desde 24 de setembro de 2009)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial
Categoría:Cidades de Portugal Categoría:Concellos do distrito de Santarém