Para o actual equipo de LEB Ouro, véxase Bàsquet Girona. O Club Bàsquet Sant Josep foi un club profesional de baloncesto da cidade de Xirona (Cataluña). Fundado en 1962, en 1989 a entidade converteuse en Sociedade Anónima Deportiva (SAD) e adoptou o nome de Club Bàsquet Girona. Entre 1987 e 2008 competiu na Liga ACB. Após a finalización da temporada 2007−2008, a súa mala situación económica levou á disolución da SAD e a anunciar que o club se ía a dedicar exclusivamente á potenciación do baloncesto base.
Con todo, tras unhas rápidas negociacións, e a pesar de que o prazo xa concluíra, a Federación Española de Baloncesto permitiu que o equipo se inscribise, recuperando novamente a súa denominación orixinal de Club Bàsquet Sant Josep, na LEB Bronce para a temporada 2008−2009. Na temporada 2009−10 consegue praza na LEB Ouro tras comprar a praza do CB Vic. Con todo, tan só se mantén tres anos na categoría. En abril de 2013 o club anuncia a súa disolución por mor de problemas económicos.
Historia O Sant Josep foi fundado en 1962 por Ramon Sitjà. En 1987, coa ampliación da Liga ACB a 24 equipos, o club chega por vez primeira á elite do baloncesto español. Un dos requisitos para participar na máxima categoría era a conversión en Sociedade Anónima Deportiva (SAD), proceso que culminou en 1989 en onde adoptou o nome de Club Bàsquet Girona. Na temporada 1988−89, o club queda no posto 23º e descende. Porén, compra a praza vacante que aparece na ACB após a fusión do Cacaolat Granollers e o Grupo IFA Español. Esta compra de praza supuña tamén unha praza na Copa Korać, producíndose así o debut europeo do club despois dun descenso.
Tras varios anos de loitas pola permanencia, na temporada 2005−06 chega ao club a inmobiliaria Akasbayu. Co novo patrocinador chegan ao club xogadores como Raül López, Fran Vázquez, Roberto Dueñas, Arriel McDonald, Dainius Šalenga ou Samoh Udrih. Coas novas fichaxes o club acada a 7ª posición, a cal era até o momento a súa mellor clasificación na historia. Na seguinte temporada o club suma ao seu elenco a Marc Gasol, Gregor Fučka e Bootsy Thornton. Isto leva ao club a acadar a 5ª posición en ACB e a gañar o EuroChallenge. Con todo, o 25 de xullo de 2008 o club anuncia que non pode facer fronte a unha débeda xerada de 6,5 millóns de euros e disolve a Sociedade Anónima Deportiva.
Na seguinte temporada o club adopta o seu nome orixinal, CB Sant Josep e consegue o permiso da Federación Española de Baloncesto para disputar a LEB Bronce, cuarta categoría do baloncesto español. Na seguinte temporada o club compra unha praza na LEB Ouro, segunda categoría, onde permanece tres temporadas. Na última temporada en LEB, 2012, o club anuncia que non pode facer fronte ao pago das nóminas e en 2013 anuncia a súa disolución definitiva.
Patrocinios Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
Valvi Girona (1987−1998) Girona Gavis (1998−1999) Casademont Girona (1999−2005) Akasvayu Girona (2005−2008) Sant Josep Girona (2008−2010) Girona FC (2010−2012) Sant Josep Girona (2012−2013)
Xogadores Destacados
Nacho Biota Pere Capdevila Josep Cargol Quim Costa Roberto Dueñas Toni Espinosa Xavi Fernández Germán Gabriel Marc Gasol Rafael Jofresa Tomás Jofresa Pablo Laso Raül López Josep Maria Margall Román Montañez Quique Moraga Jordi Pardo Juan Rosa Carlos Ruf Víctor Sada Fernando San Emeterio Herminio San Epifanio Francesc Solana Jordi Trias Fran Vázquez Ademola Okulaja Federico Kammerichs Éric Struelens Dalibor Bagarić Gregor Fučka Danya Abrams Michael Anderson Wallace Bryant Michael Curry Tyrone Ellis Adam Keefe Darryl Middleton Terrell Myers Andrew Panko Reggie Slater Kevin Thompson Andy Toolson Shaun Vandiver Matt White Jimmy Wright Stéphane Dumas Dainius Šalenga Duško Ivanović Marko Kešelj Marko Marinović
Palmarés FIBA EuroChallenge Campións (1): 2007 Liga Catalá Campións (2): 1996, 2006 Subcampións (1): 2007
Historial AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas1983–84 3 2ª Div. 1º 1984–85 3 2ª Div. 10º 1985–86 3 2ª Div.5º 1986–87 2 1ª Div. B 12º 16–18 1987–88 2 1ª Div. B7º 28–16 1988–89 1 ACB23º 17–27Oitavos de final1989–90 1 ACB 18º 18–21Cuartos de final3 Copa Korać 3–11990–91 1 ACB 9º 20–20 1991–92 1 ACB 13º 19–22Cuartos de final1992–93 1 ACB 16º 12–21Primeira rolda1993–94 1 ACB 17º 12–20Segunda rolda1994–95 1 ACB 17º 18–25 1995–96 1 ACB 11º 19–19 1996–97 1 ACB 14º 14–20 1997–98 1 ACB 12º 14–20 1998–99 1 ACB 8º 18–19 1999–00 1 ACB 10º 16–18 3 Copa Korać 11–1–22000–01 1 ACB 9º 15–19 3 Copa Korać 0–22001–02 1 ACB 11º 17–17 2002–03 1 ACB 15º 12–22 2003–04 1 ACB 13º 15–19 2004–05 1 ACB 16º 11–23 2005–06 1 ACB 7º 19–19Cuartos de final2006–07 1 ACB 5º 22–16Cuartos de final3 EuroChallenge 1º 16–12007–08 1 ACB 8º 22–15Cuartos de final2 Copa ULEB 2º 12–52008–09 4 LEB Bronce 12º 13–17 2009–10 2 LEB Ouro 9º 19–20 2010–11 2 LEB Ouro 4º 23–19 2011–12 2 LEB Ouro 12º 16–18 2012–13 4 EBA 15–15
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web da FEB
Sant Josep Categoría:Deporte en Xirona