Earle Christmas Grafton Page, nado en Grafton (Nova Gales do Sur) o 8 de agosto de 1880 e finado en Sydney o 20 de decembro de 1961, foi un médico e político australiano que chegou a primeiro ministro de Australia entre o 7 de abril e o 26 de abril de 1939. Actuou como parlamentario durante 41 anos e 361 días da súa vida, o segundo máis longo mandato parlamentario do país.

Traxectoria Page foi educado na Sydney Boys High School e na Universidade de Sydney, onde se graduou en medicina o 1901. El traballou no Hospital Real Prince Alfred, en Sydney. En 1903 comezou a traballar como médico particular en Grafton e en 1904 tornouse unha das primeiras persoas do país en posuír un coche.

Traballou en Sydney e Grafton antes de alistarse no exército australiano como médico durante a primeira guerra mundial, na que serviu en Exipto. Logo da guerra volveu á súa facenda e comezou a súa carreira política como alcalde de Grafton.

Vida persoal En 1906 casou con Ethel Blunt, enfermeira a quen coñecera no Hospital Real Prince Alfred.

Notas

Categoría:Primeiros ministros de Australia Categoría:Nados en 1880 Categoría:Nados en Nova Gales do Sur Categoría:Alumnos da Universidade de Sydney Categoría:Finados por cancro de pulmón