O Club Cantera Base 1939 Canarias S.A.D., coñecido tamén como La Laguna Tenerife, é un club de baloncesto profesional español con sede en San Cristóbal de la Laguna, Tenerife. Actualmente compite na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español profesional. O club xoga os seus encontros coma local no Pabellón Insular Santiago Martín, recinto con capacidade para 5 100 espectadores.

Historia O Club Baloncesto Canarias naceu en 1939 pola unión de diversos clubs de Tenerife. Desde a súa fundación no ano 1939, o club militou en categorías rexionais e en 2ª división. Na temporada 1978−79 o club participa na 1ª Divisón B, até que na campaña 1980−81 logra o ascenso á Primeira División. Na seguinte temporada o club descende, aínda que regresa a agora chamada Liga ACB un ano despois. Durante os anos en que o club participou na ACB, logrou participar na Copa Korać na temporada 1988−89. Con todo, na temporada 1990–91 o club descende de novo á segunda categoría. Nos anos noventa o club fusiónase de novo con varios equipos da illa para salvar unha gran débeda económica. Tras dous anos dentro da fusión chamada Club Baloncesto Tenerife, o Canarias decide deixar a fusión e seguir pola súa conta. Na temporada 2006−07 o equipo, agora chamado Club Baloncesto 1939 Canarias, ascende á liga LEB.

No ano 2012, o Canarias ascendeu á ACB tras ser campión da Liga LEB Ouro, pero finalmente non conseguiu a praza debido á imposibilidade de obter os requisitos precisados pola ACB. Porén, un mes máis tarde, o 20 de xullo, o CB 1939 Canarias ocuparía a praza que pouco antes deixara libre o CB Lucentum Alicante e que fora comprada pola liga. En 2017, o equipo consegue participar por vez primeira na Basketball Champions League. O club consegue chegar á Final Four, que se disputaría precisamente no seu pavillón local, o Pabellón Insular Santiago Martín. Após venceren ao Umana Reyer Venezia (67−58) en semifinais e ao Banvit na final (63−59) conseguiráin o seu primeiro trofeo continental.

Patrocinios Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

Universidad Canarias Pepsi (1970–1975) Caja Rural Canarias (1975–1980) Cofisa Canarias (1982–1984) Lucky Canarias (1984–1985) CajaCanarias (1985–1991) AutoLaca Canarias (1995–1996) Bodegón Juanito Canarias (1996–1998) Canarias Yamaha (1998–1999) Ciudad de La Laguna (1999–2001) Organización Socas Canarias (2001–2010) Isla de Tenerife Canarias (2010–2011) Iberostar Canarias (2011–2012) Iberostar Tenerife (2013–2021) Lenovo Tenerife (2021–presente)

Xogadores Cadro actual

Dorsais retirados Dorsais retirados polo CB Canarias N°XogadorPosiciónEtapa 8 Ricardo Bethencourt Base 1978−1985

Destacados

Pablo Aguilar Salva Arco Ricardo Bethencourt Carmelo Cabrera Salva Díez Germán González Ricardo Guillén Iker Urreizti Óscar Peña Rodrigo San Miguel Ricardo Úriz Fran Vázquez Nicolás Richotti Marcelinho Huertas Tyler Cavanaugh Jakim Donaldson Carl English Colton Iverson Ken Johnson Eddie Phillips Luke Sikma Fotios Lampropoulos Lazaros Papadopoulos Giorgi Shermadini

Galardóns individuais Segundo mellor quinteto da ACB Mateusz Ponitka – 2018 Javier Beirán – 2019

MVP da LEB Ouro Jakim Donaldson – 2009, 2010 Ricardo Guillén – 2011

Primeiro Quinteto da LEB Ouro Ricardo Guillén – 2011

Adestradores A seguinte é unha lista dos adestradores do CB 1939 Canarias desde 2003. Alejandro Martínez (2003–2015) Txus Vidorreta (2015–2017) Nenad Marković (2017) Fotios Katsikaris (2017–2018) Txus Vidorreta (2018–presente)

Palmarés thumb|Pavillón Insular Santiago Martín. Champions League Campións (1): 2017 Copa Interconinental Campións (2): 2017, 2020 LEB Ouro Campións (1): 2012 Copa Príncipe Campións (1): 2012 Trofeo Gobierno de Canarias Campións (2): 2009, 2011 Subcampións (1): 2006

Historial AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas CB Canarias1974–75 22ª División 14–21975–76 22ª División 7º 12–2–101976–77 22ª División 4º 16–1–111977–78 22ª División 8º 14–2–143 Copa Korać 0–21978–79 21ª División B 5º 12–101979–80 21ª División B 6º 21–1–81980–81 21ª División B3º 16–1–91981–82 11ª División12º 4–2–20Oitavos de final1982–83 21ª División B3º 20–1–51983–84 1ACB 11º 12–181984–85 2ACB15º 10–181985–86 21ª División B1º 24–41986–87 1ACB 6º 15–18Cuartos de finalCopa Príncipe 1987–88 1ACB 6º 15–18Cuartos de finalCopa Príncipe 1988–89 1ACB 19º 12–29Oitavos de final3 Copa Korać 3–11989–90 1ACB 16º 12–19Primeira rolda1990–91 1ACB24º 10–26Segunda rolda1991–92 21ª División 5º 22–221992–93 21ª División 5º 20–201993–94 21ª División 3º 27–11 CB 1939 Canarias1994–95 42ª División 5º 5–71995–96 42ª División3º 22–71996–97 42ª División 3º 16–61997–98 42ª División1º 23–41998–99 3Liga EBA 19–111999–00 3Liga EBA 17–92000–01 4Liga EBA 24–72001–02 4Liga EBA 33–42002–03 3LEB 2 10º 13–172003–04 3LEB 2 13º 11–192004–05 3LEB 2 4º 22–162005–06 3LEB 2 14º 13–212006–07 3LEB 22º 35–8Copa LEB 2 2º2007–08 2LEB Ouro 7º 17–192008–09 2LEB Ouro 13º 15–192009–10 2LEB Ouro 5º 26–162010–11 2LEB Ouro 7º 20–192011–12 2LEB Ouro1º 26–8Copa Príncipe 1º2012–13 1ACB 10º 17–172013–14 1ACB 11º 14–21Cuartos de final2014–15 1ACB 11º 16–182015–16 1ACB 9º 16–182016–17 1ACB 5º 23–12Cuartos de final3 Champions League 1º 15–1–42017–18 1ACB 8º 19–17Semifinais3 Champions League 13–32018–19 1ACB 9º 17–17Semifinais3 Champions League 2º 15–52019–20 1ACB 7º 16–11Cuartos de final3 Champions League 13-52020–21 1ACB 3º 27–9Semifinais3 Champions League 9-4

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial Perfil na web da FEB

Canarias Canarias Categoría:San Cristóbal de La Laguna