O Fairchild-Republic A-10 Thunderbolt II, coñecido tamén como Warthog, é o primeiro avión de combate norteamericano construído especialmente para dar soporte aéreo ás forzas terrestres, é un avión sinxelo, sólido e eficaz. O prototipo realizou o primeiro voo o 10 de maio de 1972, os primeiros avións destináronse á base militar aérea de Davis-Monthan en Arizona en outubro de 1975.

As forzas aéreas non acolleron con entusiasmo os A-10 Thunderbolt II, xa que apostaban polos bombardeiros de grande altitude e os F-15 e F-16, e preferían o apoio aéreo de helicópteros. O A-10 Thunderbolt II estaba pensado para misións lentas de baixa altitude as que se poderían dar contra tanques soviéticos na Europa Oriental.

O A-10 está deseñado en torno ao GAU-8 Avenger, un potente canón automático que forma o principal armamento do aparato. O casco do avión incorpora uns 540 kg de blindaxe e o seu deseño está pensado para dar prioridade á supervivencia do avión, coas medidas de protección necesarias para permitir á aeronave permanecer no aire incluso despois de sufrir danos significativos.

Participou en operacións de combate na Guerra do Golfo, nos conflitos de Bosnia e Kosovo, na Guerra de Afganistán e na Guerra de Iraq. Despois de ser modernizado en varias ocasións, está previsto que o A-10 non sexa substituído polo novo F-35 Lightning II ata o ano 2028 ou incluso despois.

Variantes YA-10A Variante de pre-produción. Fabricáronse 12.Donald and March 2004, pp. 9-10 A-10A Versión monopraza de ataque a terra e apoio aéreo próximo. OA-10A A-10A usados para control aéreo avanzado. YA-10B Night/Adverse Weather Prototipo experimental de dúas prazas, para traballos nocturnos e en malas condicións meteorolóxicas. O único YA-10B foi convertido a partir dun A-10A.Jenkins 1998, pp. 92-93Donald e March 2004, pp. 12, 16 A-10C A-10A actualizados co programa Precision Engagement (PE). A-10PCAS Variante non tripulada proposta para ser desenvolvida por Raytheon e Aurora Flight Sciences como parte do programa DARPA.

Véxase tamén

Bibliografía Donald, David e Daniel J. March, eds. "A-10 Fighting Warthog". Modern Battlefield Warplanes. Norwalk, Connecticut: AIRtime, 2004. . Jenkins, Dennis R. Fairchild-Republic A/OA-10 Warthog. North Branch, Minnesota: Specialty Press, 1998. . Outros artigos Festival Aéreo de Vigo Ligazóns externas Warthog Territory (en inglés)

Categoría:Aeronaves de Fairchild Categoría:Avións da Forza Aérea dos Estados Unidos de América Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1972