Pere Práxedes Ripol, nado o 20 de abril de 1959 en El Prat de Llobregat, Barcelona, é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto catalán, internacional coas categorías inferiores da selección española e coa selección absoluta de Andorra. Cunha altura de 1,96 metros xogaba na posición de aleiro. Despois da súa retirada como xogador foi adestrador principal e axudante do Bàsquet Andorra até 1997.17 de agosto de 1997. El Mundo Deportivo. O Andorra abandona a LEB
Traxectoria 20px|border|Primeira División FC Barcelona (1977–1979) 20px|border|Primeira División Mollet (1979–1980) 20px|border|Primeira División OAR Fondomar Ferrol (1981–1982) 20px|border|Primeira División/ACB Manresa (1982–1984) 20px|border|ACB Breogán Lugo (1984–1985) 20px|border|Primeira B Andorra (1985–1991)
Palmarés 2× Copa do Rei (1978, 1979)
Retirada Por mor da súa retirada, o Bàsquet Andorra, onde xogou as súas últimas seis tempadas, realizou unha homenaxe ao xogador cun encontro amigable entre o propio Básquet Andorra e o FC Barcelona, o seu primeiro equipo. O resultado do encontro foi de 90 a 82 a favor dos andorranos, daquela en Primeira B, a categoría inmediatamente inferior á liga ACB. Pere Práxedes xogou os cinco primeiros minutos do encontro.16 de agosto de 1991. El Mundo Deportivo. Andorra fatiga ao Barça
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en acb.com como xogador Ficha en acb.com como adestrador
Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en El Prat de Llobregat Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Cataluña Categoría:Xogadores de baloncesto de Andorra Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do CB Mollet Categoría:Xogadores do OAR Ferrol Categoría:Xogadores do Bàsquet Manresa Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do BC Andorra