Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Traxectoria
Nacemento Rosalía de Castro naceu o 23 de febreiro de 1837 no Camiño Novo, do que daquela era o novo Concello de Conxo, hoxe Praza de Vigo do concello de Santiago de Compostela, sendo bautizada o día seguinte cos nomes de María Rosalía Rita. No rexistro do Hospital Real de Santiago de Compostela figura como filla de pais descoñecidos. A súa acta de bautizo (folio 159) rezaba:
As restantes partidas que figuran no folio son todas do ano 1837. "1836" trátase, pois, dun erro do que o escribiu.
A súa nai, María Teresa da Cruz de Castro e Abadía, nada o 24 de novembro de 1804, de orixe fidalga vida a menos, viviu na Casa grande de Arretén, en Iria Flavia. A familia da nai proviña da liñaxe dos Castro, de orixe castelá, pero establecida en Galicia dende a Idade Media (foron condes de Lemos nunha das súas pólas). Contaba trinta e dous anos cando naceu a meniña. Moi pouco se sabe do pai de Rosalía, José Martínez Viojo. Nado en Ortoño, Ames, o 7 de febreiro de 1798 e crego de profesión, acababa de cumprir os trinta e nove anos cando naceu a nena; debido á súa condición, non puido recoñecer nin lexitimar a súa filla, encargando o seu coidado ás súas irmás, polo que semella que si se interesou pola súa manutención. Non obstante non hai datos que avalen que fosen as súas tías paternas as que se encargasen da meniña. Polo contrario, e de acordo coa documentación achegada por Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, Rosalía aparece ao coidado da súa nai, en Padrón, cando contaba con cinco anos de idade.
Infancia miniatura|Rosalía nun debuxo feito pola súa filla Alejandra. Nos seus primeiros anos Rosalía viviu unha infancia leda nas vilas rurais de Ortoño e Padrón. Nunha das pasaxes bibliográficas dun dos seus poemas de Cantares gallegos, Castro bota unha ollada nostálxica á casa de Arretén, casa de Iria Flavia onde viviu por tempadas canda a súa nai entre os nove e quince anos. Unha infancia lembrada por cancións, risas e as badaladas das campás.
Dos tempos de Arretén, xa cunha Rosalía adulta, hai unha testemuña directa sobre a relación de Rosalía co contorno e as xentes de Padrón:
A noticia non precisa cal é o periódico citado.
Na seguinte prosa costumista, de 1881, Rosalía fala da ledicia de estar coa súa nai nas Torres de Hermida en Lestrobe, fogar de Josefa, irmá da nai de Rosalía e do seu home Gregorio.
Nun artigo de Murguía escrito trala morte da súa dona publicado como capítulo en Los precursores (1885), Murguía afirma que a ledicia da súa mocidade foi axiña interrompida coa chegada da puberdade aos once anos de idade.
En setembro de 1853 unha epidemia de tifo puxo en grave perigo a vida de Rosalía (con 16 anos), en Muxía, onde fora á romaría da Virxe da Barca. De feito, acabou coa da súa amiga Eduarda Pondal, irmá do poeta. No inverno dese mesmo ano unha gran fame asola Galicia. (1986). "La hambruna de 1853. Un acontecimiento a resaltar en la obra de Rosalía de Castro" USC.
Formación miniatura|esquerda|175px|Murguía, o marido, foi quen lle publicou Cantares gallegos. Non se sabe exactamente cando nai e filla se trasladaron a Compostela, pero si que en 1850 xa vivían nesa cidade. Os seus estudos deberon ser escasos. Alí comezou a formarse en torno á Real Sociedad Económica de Amigos del País de la ciudad de Santiago. En Santiago recibiu formación musical, artística e literaria; participou nas actividades do Liceo de la Juventud, lugar de encontro dos intelectuais comprometidos co movemento provincialista. As súas correntes ideolóxicas, que impregnarán a obra de Rosalía, eran o socialismo e o republicanismo. No liceo coincidiría con Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre e Juan Manuel Paz Novoa.
Familia miniatura|225px|A familia en 1884, do estudio fotográfico de Manuel Palmeiro. En abril 1856 trasladouse a Madrid, onde viviu coa súa curmá María Josefa del Carmen García-Lugín y Castro, na rúa da Ballesta. En 1857 publicou o seu primeiro libro, o poemario La Flor, do que o escritor Manuel Murguía fixo unha recensión no xornal La Iberia do 12 de maio dese mesmo ano. O 10 de outubro de 1858, encinta, (1985) "Achegamento médico-antropolóxico á personalidade de Rosalía" p. 61. casou con Murguía, na igrexa de Santo Ildefonso. A vida do matrimonio fíxose itinerante debido aos cargos funcionariais de Murguía. En 1859 regresaron a Galiza, onde naceu Alejandra, a súa primeira filla, apadriñada por Alejandro Chao; no mesmo ano volveron de novo a Madrid e publicou obras en galego e castelán. Logo duns anos en Madrid, trasladáronse a Lugo, e despois volveron a Madrid. O 4 de xuño de 1862 mórrelle en Santiago a nai, Teresa de Castro, á idade de 57 anos, dunha "lesión orgánica do corazón". Rosalía estaba naquel momento vivindo con ela.Biografía. Fundación Rosalía de Castro
As actividades do seu home leváronos por diferentes lugares: Simancas, A Coruña (1871-1878), Santiago de Compostela, Lestrobe (1879-1883, residindo no pazo de Hermida), Estremadura, Alacant... e mentres, foron nacendo máis fillos: Aura, nada en Santiago o 7 de decembro de 1868 (morreu en 1942). Gala e Ovidio, xemelgos, naceron en Lestrobe en xullo de 1871 (Gala morreu en 1964 e Ovidio en 1900), Amara, nada na Coruña en xullo de 1873 (morreu en 1921), Adriano Honorato Alejandro, nado en Santiago en marzo de 1875 (morreu en novembro de 1876 debido a unha caída), e Valentina, nada morta en Santiago en febreiro de 1877.
Últimos anos e morte
miniatura|200px|esquerda|Tumba de Rosalía no convento de San Domingos de Bonaval. Rosalía botou os derradeiros anos da súa vida en Padrón, onde a familia alugara a casa da Matanza, que despois se convertería na súa casa-museo.
A morte de Adriano, o seu fillo máis novo aos dous anos por mor dun accidente na súa casa de Santiago e a súa enfermidade amargáronlle os derradeiros anos. Morreu de cancro en 1885, aos corenta e oito anos na súa casa de Padrón. Rosalía foi soterrada no camposanto da Adina. Anos máis tarde, en 1891, os seus restos foron trasladados ó actual Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.
Derradeiros momentos de Rosalía por Augusto González Besada.
miniatura|240px|Rosalía xacente no seu leito de morte, retratada polo seu fillo Ovidio.Rosalía de Castro xacente Museo de Pontevedra. Despois da súa morte, os fillos, obedecendo a súa derradeira vontade, queimaron os seus escritos. Cando Murguía volveu á casa e atopou o feito, laiouse dicíndolles:
Lingua literaria O idioma que tiñan á súa disposición os iniciadores do Renacemento romántico, que eran uns completos descoñecedores dos textos medievais, era unha lingua dialectal empobrecida, moi erosionada pola lingua oficial e fragmentada en variedades comarcais.
Non se pode afirmar que Rosalía de Castro escribise nun dialecto determinado, aínda que o seu elástico sistema de normas lingüísticas tiña como base xeográfica as falas das comarcas bañadas polo Sar e o Ulla, cunha clara tendencia ao seseo. Como consecuencia da precaria situación na que se atopaba a lingua galega escrita da época, Rosalía adoitaba empregar vulgarismos (probe en lugar de pobre, espranza en lugar de esperanza e dreito en lugar de dereito son algúns exemplos), hipergaleguismos (concencia ou pacencia son dous exemplos) e castelanismos (dicha, Dios, conexo...). Tamén son habituais nas súas obras as vacilacións léxicas (frores, frois, froles ou dor, doure, delor) e morfolóxicas, adoptando diferentes solucións para a formación do plural das palabras agudas.
Malia todo, a Rosalía interésalle máis a vivacidade cá pureza da lingua galega que emprega para expresarse, o que deixa patente no prólogo de Cantares gallegos. É alí onde se di que a pesar de carecer de gramáticas e de regras, que propiciarán a aparición de erros ortográficos, a autora puxo o seu maior coidado en reproducir o verdadeiro espírito do pobo galego.
A decisión de non escribir máis en galego miniatura|200px| Lestrove 25 de julio 1881. Mi querido Manolo te he escrito ayer, pero vuelvo a hacerlo hoy... Nunha carta que Rosalía lle dirixe ao seu marido, Manuel Murguía, asinada en Lestrove o 25 de xullo de 1881, deixa dito:
E non se sentía só doída, senón tamén fondamente decepcionada, polo que se desprende dos seus argumentos nese mesmo texto:
A tan citada misiva de Rosalía nacera en resposta ao escándalo e ás duras críticas que nalgúns xornais do país provocara o seu artigo "Costumbres gallegas", publicado en El Imparcial de Madrid. Nel referíase a un antigo costume dalgunhas zonas de costa galegas nas que as familias, como mostra de hospitalidade e “extrema xenerosidade”, realizarían o “sacrificio” de permitir que o mariñeiro forasteiro pasase unha noite cunha muller da casa.
Con todo, a pesar da contundencia dos parágrafos anteriores, Rosalía remataba pedíndolle a Murguía que lle comunicase ao editor a súa resolución de non volver escribir en galego, “de una vez que a él no le conviene aceptar las condiciones que le he propuesto”. Non estaba pechándose, así, totalmente en banda.
Con estes datos e coas conclusións ás que chegan os distintos historiadores, pódense avanzar tres posibles razóns para o seu abandono da lingua da que foi nai: Foi unha decisión nacida da súa dor e fatiga de non ver recoñecido o seu esforzo e contribución á lingua propia, como lle sucedeu a Manuel Curros Enríquez, excomungado pola Igrexa, ou Francisco Añón, que morreu na miseria. Rosalía buscaba un respecto profesional (aceptar las condiciones que le he propuesto), que non daba conseguido. A súa morte prematura converteu en definitiva unha decisión que non tiña por que selo.
Como remate, tamén cómpre lembrar que Rosalía ordenou que, á súa morte, fosen queimados os seus escritos. Non se pode desbotar que, entre eles, houbese obra en galego.
Importancia e significado da súa obra en galego miniatura|200px|Álbum de la Caridad, nel aparecen cinco poemas en galego de Rosalía, despois incluídos en Cantares gallegos. Galiciana. Biblioteca de Galicia. Rosalía foi, por un lado, a precursora da poesía cívica en Galicia. Á espontánea reacción fronte aos vexames, a defensa enérxica da Galicia explotada, marxinada e calumniada, hai que lle engadir a comuñón total coa voz dos seus compatriotas —especialmente, as mulleres das clases populares— falando dende os rexistros do seu pobo cunha lingua vivamente expresiva.
Coa publicación de Cantares gallegos no ano 1863 acadouse o fito cumio do Rexurdimento das letras galegas, asemade marcouse un punto de inflexión na historia da literatura galega. Cun elevado exercicio lingüístico e literario, a escritora prestixiou o galego como lingua literaria (aínda que esta lingua xa fora empregada para a creación literaria, como sucede coa lírica galaico-portuguesa) e reivindicou o seu uso. Ademais, por medio dos temas tratados en Cantares gallegos, Rosalía outorga á súa obra un carácter sociopolítico reflectindo as duras e pésimas condicións baixo as que se atopaba a sociedade rural galega, ao mesmo tempo que reivindicaba a lingua galega fronte ao castelán, e a Galicia fronte a España.