Telesto (ou en grego Τελεστώ) é unha lúa de Saturno. Foi descuberta por Smith, Reitsema, Larson e Fountain no ano 1980, a partir de observacións terrestres, e foi provisionalmente designada coma .IAUC 3466: Satellites of Saturn 10 de abril de 1980 (descubrimento) Nos seguintes meses, serían rexistradas varias observacións máis, con designacións provisionais incluídas: IAUC 3484: Satellites of Saturn 6 de xuño do 1980, ,IAUC 3605: Satellites of Saturn 18 de maio de 1981 e .IAUC 3593: Satellites of Saturn 16 de abril de 1981 En 1983 foi oficialmente bautizado co nome de Telesto, procedente da mitoloxía grega.Transactions of the International Astronomical Union, Vol. XVIIIA, 1982 (confirma Xano, nomes Epimeteo, Telesto, Calipso) (mencionado en IAUC 3872: Satellites of Jupiter and Saturn, 30 de setembro de 1983) Tamén é coñecido coma ou Tethys B.

Telesto é unha lúa co-orbital de Tetis, e está situada no punto de Langrage de vangarda de Tetis (L4), 60 graos por diante de Tetis. Está relación foi identificada por primeira vez por Seidelmann e o seu equipo en 1981. A lúa Calipso reside no outro punto de Langrage (no retagarda ou cola) de Tetis (L5), 60 graos por detrás de Tetis. Calipso e Telesto son tamén coñecidas polo termo "Troianos de Tetis", por analoxía cos asteroides Troianos, hai outras dúas lúas troianas máis no sistema de satélites de Saturno, Polideuco e Helena, que son troianas de Dione.

A sonda Cassini fixo un sobrevoo a longa distancia de Telesto o 11 de outubro do 2005. Sorprendentemente as imaxes revelaron unha superficie moi suave e practicamente sen rastro de cráteres de impacto pequenos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Saturno Tetis Calipso

Ligazóns externas

Telesto Profileby NASA's Solar System Exploration The Planetary Society: Telesto

Categoría:Lúas de Saturno