Ana Acuña Trabazo, nada en Marín o 22 de febreiro de 1971, é unha profesora e investigadora galega.
Traxectoria Doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora de Lingua e Literatura na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, da Universidade de Vigo.
Colaborou en Grial, Verba, A Trabe de Ouro. Pertence ao consello de redacción da revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos.
Tamén coordinou o Programa para Maiores no Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.
En 2020 foi comisaria con Alfonso Vázquez Monxardín da exposición Galicia, de Nós a nós na Cidade da Cultura de Santiago.
Obras Ensaio Xoán Vidal Martínez. Voz e memoria (2005). Dicionario Xosé María Álvarez Blázquez (2008). 3C3 Editores. ISBN 978-84-936262-5-9. Facer literatura galega en Madrid (1950-2000) (2009), Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, ISBN 978-84-9887-215-6.
Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000) (2014). Xerais, ISBN 978-84-9914-629-4
Edición Os poetas galegos (1936). Antoloxía consultada, de Xosé Filgueira Valverde (2008). Museo de Pontevedra, con Xesús Alonso Montero. Poesía completa, de Lois Pereiro (2011). Xerais. Pontevedra literaria. Antoloxía de textos en homenaxe á Boa Vila (2009). Concello de Pontevedra/Fundación CaixaGalicia. xunto con Carme Blanco Ramos, Eloi Gestido de la Torre e Xosé Abilleira Sanmartín. Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros. Concello de Pontevedra/Galaxia (2015). xunto a Olivia Rodríguez.
Obras colectivas Lingua e literatura 3º ESO. Proposta didáctica (2011) (Libros De Texto - Educación Secundaria Obrigatoria - Lingua). Con Agustín Fernández Paz e 5 máis, Xerais, ISBN 978-8499142739 Lingua e literatura 1º ESO. Proposta didáctica (2011) (Libros De Texto - Educación Secundaria Obrigatoria - Lingua). Con Agustín Fernández Paz e 5 máis, Xerais, ISBN 978-8499142722 Rosalía na cobiza do lonxe, 2013, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Letras nómades. A mobilidade feminina na literatura galega (ed. de Ana Acuña), (2014), Frank & Timme., ISBN 9783732900954 Homenaxe a Xosé Luís Sánchez Ferraces (Ana Acuña, Aquilino Alonso e Antón Palacio coord.), (2015), Universidade de Vigo, ISBN 978-84-8158-695-4 Reformulando: unidade didáctica, (2016), con Miguel Cuevas Alonso e 5 máis, Andavida Editora, ISBN 978-8484088936
"Escomincipio", en Meu Castelao! (2025). Concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-80825-0. miniatura|25 anos con Lois Pereiro. Libraría Paz de Pontevedra. Con Lucía Novas, Ramón Rozas, Xaime Toxo e Tamara Andrés.
Colaboracións "O amor na obra de María Xosé Queizán", con Carmen Mejía Ruiz, Madrygal: Revista de estudios gallegos, 1138-9664, Nº 2, 1999, páxs. 11-20 “Palabras Secretas de Ana Lois”, en Boletín Galego de Literatura, nº 50 (1º semestre 2017).
Premios Premio Losada Diéguez de investigación en 2015, por Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000).
Investigación Liñas principais: Literatura popular; literatura galega contemporánea.
Investigadora do grupo GAELT (FG3) da Universidade de Vigo.
Investigadora dos proxectos “poesiagalega.org“. Constitución e xestión dun repositorio dixital da poesía galega (séculos XIX-XXI) no campo cultural. 09SEC022204PR, coordinado polo Dr. Arturo Casas (USC). “Ex-sistere. A mobilidade das mulleres na literatura galega e irlandesa contemporánea” (FFI2012-35872), coordinado pola Dra. Manuela Palacios (USC). “Eco-ficcións. Discursos emerxentes sobre muller e natureza en Galicia e Irlanda”. Código FEM2015-66937-P (MINECO/FEDER) Entidade financiadora: Ministerio de Economía e Competitividade e Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Coordinado pola Dra. Manuela Palacios (USC)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas 20px Ana Acuña: Grupo Bilbao (2012) 20px Ana Acuña no Congreso Valentín Paz-Andrade (2012) 20px Ana Acuña: "Onde o mundo se chama Celso Emilio (I)" e (II)" (2012) 20px Curando coa palabra... (2016) 20px Guiando Galicia, de Nós a nós en 2020.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Marín Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1971