A palabra indio é polisémica e pode referirse a:

Indio é, no sentido orixinal, relativo ou pertencente á India, país asiático; sendo posible empregar tamén para esta acepción, segundo o DRAG, o termo hindú. Indio pode referirse ao poboador nativo/orixinario de América, dada a confusión orixinada por Cristovo Colón ao chegar a América pensando que eran as Indias. Un termo máis correcto é indíxena americano. En moitos lugares de América úsase a palabra indio pexorativamente, e por esta razón (e tamén para diferencialo do poboador da India) úsase a palabra amerindio, que desde o punto de vista racial e lingüístico exclúe os inuits (véxase linguas indíxenas de América).

Ciencia Indio, un elemento químico. Indio, constelación de estrelas.

Xeografía Indio, poboación estadounidense do estado de California. Índio, poboación brasileira do distrito de Pirenópolis.

Persoas Indio Juan Diego, primeiro santo indíxena de América. O indio Uribe, escritor e periodista colombiano do s. XIX. Emilio Fernández, destacado cineasta da Época de Ouro do cine mexicano, coñecido popularmente como o Indio Fernández.

Miscelánea Indio nu, árbore tropical de América. Indio pícaro, artesanía chilena en madeira. A cervexa Indio, producida pola Cervexaría Cuauhtémoc Moctezuma, unha empresa do grupo FEMSA. Indio colchonero, nome popular aplicado ao seguidor do club de fútbol Atlético de Madrid. Indio, coloquialmente é explotación de creatividade no sexo, buscar novas posturas, xogos etc.