O Hamburger Sport-Verein é un club de fútbol da cidade de Hamburgo, en Alemaña. Foi fundado o 29 de setembro de 1887 e xoga na Bundesliga. Na actualidade conta cuns 70.000 socios.

Historia

O Hamburger naceu o 1 de xuño de 1919 froito da fusión do SC Germania (1887) e o Hamburger FC. O seu primeiro título nacional foi a Liga no ano 1922, aínda que esta non foi oficial. Conquistou 7 títulos da Bundesliga (a última en 1983), e tamén gañou 3 títulos da Copa de Alemaña. Tamén gañou títulos internacionais, como a Recopa de Europa, en 1977 e a Copa de Europa en 1983. Despois gañou a Copa Intertoto en 2005 e 2007. É o único club que disputou todas as edicións da Bundesliga desde que esta comezou en 1963.

Uniforme

Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón vermello e medias azuis. Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.

Xogadores Cadro 2017/18 Actualizado a febreiro de 2018.

12px|Capitán

Palmarés Torneos nacionais

Bundesliga (6): 1922 (non oficial), 1923, 1927-28, 1959-60, 1978-79, 1981-82 e 1982-83 Copa de Alemaña (3): 1963, 1976, 1987 Copa da Liga de Alemaña (2): 1973, 2003

Torneos internacionais

Liga de Campións da UEFA (1): 1982-83 Recopa de Europa (1): 1977 Copa Intertoto (2): 2005, 2007 Subcampión da Copa Intercontinental (1): 1983 Subcampión da Liga de Campións (1): 1979-80 Subcampión da Recopa de Europa (1): 1967-68 Subcampión da Copa da UEFA (1): 1981-82 Subcampión da Supercopa de Europa (2): 1977, 1983

Torneos amigables Trofeo Ciudad de Zaragoza (1): 1972 Trofeo Santiago Bernabéu (1): 1982 Copa Emirates (1): 2008 Copa T-Home (1): 2009

Ligazóns externas Sitio web oficial

Hamburger Categoría:Hamburgo