O Pallacanestro Biella é un club profesional de baloncesto italiano da cidade de Biella, na rexión de Piemonte. Fundado en 1994, actualmente xoga na Serie A2, a segunda máxima competición do baloncesto italiano. Recibe o nome de Edilnol por mor do seu patrocinador, unha compañía de elementos para o lar o xardín con sede na propia cidade de Biella. Xogan os seus encontro coma local no Biella Forum, un pavillón inaugurado en febreiro de 2008 con capacidade para 5 007 espectadores.
Historia O actual equipo foi fundado en 1994 a partir da unión de dous equipos da cidade, o Biella Basket Club e o Amici del Basket Biella. O club é distinto ao Libertas Biella que participou na Serie A durante os anos 1960. O primeiro adestrador deste novo equipo foi Federico Danna, que xa adestrara na serie A ao Auxilium Torino nos anos 1980.
O equipo comezou a súa historia na serie B2, mais foi ascendendo rapidamente a través das diferentes divisións do campionato italiano: en 1996 o equipo gañou o campionato da Serie B2 e ascendeu á Serie B1; en 1998 o equipo consegue promover á segunda categoría da liga italiana, a Serie A2, gañando nos playoffs de ascenso. En 2001 o club gaña a Liga cun rexistro de 30 vitorias e 6 derrotas, conseguindo promover á Serie A. Dende o seu ascenso até o ano 2011, o equipo chegou xogar os playoffs polo título en tres ocasións.
Nomes ao longo da historia Ao longo da súa historia o Pallacanestro Biella levou diferentes nomes por mor de motivos de patrocinio: Ing Sviluppo Biella (1994−1998) Fila Biella (1998−2001) Lauretana Biella (2001−2005) Angelico Biella (2005−2017) Eurotrend Biella (2017−2018) Edilnol Biella (2018−presente)
Xogadores Destacados Nicola Minessi 5 temporadas: 1998−2001, '10−2012 Nate Erdmann 2 temporadas: 1998−2000 Joseph Blair 1 temporada: 1998−2099 Norman Nolan 1 temporada: 1999−2000 Matteo Soragna 8 temporadas: 2000−2004, 2009-13 - Kevin Rankin 2 temporadas: 2000−2002 Antonio Granger 1 temporada: 2000−2001 Lavelle Brewer 1 temporada: 2000−2001 Cookie Belcher 4 temporadas: 2001−2005 Malik Dixon 1 temporada: 2001−2002 Michael Batiste 1 temporada: 2001−2002 Fabio Di Bella 3 temporadas: 2002−2005 Jacob Jaacks 2 temporadas: 2002−2003, 2004−2005 Jamel Thomas 2 temporadas: 2002−2003, 2006−2007 Pietro Aradori 2 temporadas: 2008−2010 Brooks Sales 2 temporadas: 2002−2004 Marco Carraretto 2 temporadas: 2002−2004 DeMarco Johnson 1 temporada: 2003−2004 Kyle Hill 1 temporada: 2003−2004 Mario Austin 1 temporada: 2004−2005 Ricky Minard 1 temporada: 2004−2005 Stephen Black 1 temporada: 2004−2005 Damon Williams 1 temporada: 2005−2006 Thabo Sefolosha 1 temporada: 2005−2006 Luca Garri 3 temporadas: 2005−2006, 2008−2010 J.R. Bremer 1 temporada: 2005−2006 Erik Daniels 1 temporada: 2006−2007 Reece Gaines 2 temporadas: 2006−2007, 2008−2009 Pascal Roller 1 temporada: 2006−2007 Troy Bell 1 temporada: 2007−2008 Daniele Cinciarini 1 temporada: 2007−2008 Kevinn Pinkney 2 temporadas: 2007−2008, 2012−2013 Jonas Jerebko 2 temporadas: 2007−2009 James Gist 1 temporada: 2008−2009 Sven Schultze 1 temporada: 2009−2010 Édgar Sosa 1 temporada: 2010−2011 Goran Jurak 4 temporadas: 2008−2009, 2010−2013 Aubrey Coleman 2 temporadas: 2011−2012 Jacob Pullen 1 temporada: 2011−2012 Damian Hollis 1 temporada: 2013−2014 Alan Voskuil 2 temporadas: 2013−2015 B.J. Raymond 1 temporada: 2014−2015 Mike Hall 2 temporadas: 2015−2017 Jazzmarr Ferguson 3 temporadas: 2015−2018
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Perfil na web da Lega
Categoría:Equipos de baloncesto de Italia