O Ontinyent Club de Futbol é un club de fútbol de España, da cidade de Ontinyent na provincia de Valencia. Foi fundado en 1931 e xoga no Grupo III da Segunda División B Española.

Historia O Ontinyent Club de Fútbol naceu en 1931 despois de que o secretario do concello D. Raúl Lombardo conseguise fusionar os dous equipos que existían por entón no municipio: o Club Deportivo Onteniente, fundado o 5 de agosto de 1923, e o Ideal, dando orixe ao Onteniente Football Club, o cal, foi inscrito oficialmente no Rexistro de Asociacións do Goberno Civil de Valencia o 30 de marzo de 1931. O club tivo unha época dourada nos anos 1960 e principios dos anos 1970 onde militou cinco tempadas en Segunda División.

Uniforme Uniforme títular: Camiseta branca, pantalón negro e medias negras. Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón branco e medias brancas.

Estadio

Xogadores Cadro 2009/10 Actualizado a maio de 2010

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 5 Tempadas en 2ªB: 14 (Incluída a 2012/13) Tempadas en 3ª: 39 Mellor posto na liga: 9º (Segunda División, tempada 1969-70)

Palmarés Terceira División de España (2): 1962-63 1967-68 Subcampión da Terceira División (6): 1960-61, 1965-66, 1966-67, 1989-90, 1993-94, 1996-97

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Sitio web oficial dos afeccionados do Ontinyent

Ontinyent