La Razón foi un semanario editado na Pobra do Caramiñal entre 1916 e 1917.

Historia e características Apareceu o 30 de abril de 1916. Subtitulado Semanario crítico. Órgano del Partido Obrero, tiña como lema "La crítica purifica el ambiente de la verdad mal traída. Todos para uno, uno para todos. Unión es fuerza". De contido anticaciquil, estaba dirixido polo militante socialista Antonio Ferreiro. Tiña catro páxinas e vendíase ao prezo de 10 céntimos. Editábase na imprenta de Pedro Abad Abalo, de Vilagarcía de Arousa. Cesou co número 44, o 25 de marzo de 1917.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da Pobra do Caramiñal Categoría:1916 en Galicia Categoría:Prensa anticaciquil