Os Houston Texans son un equipo profesional de fútbol americano da cidade de Houston, no estado de Texas, que compite na división Sur da American Football Conference (AFC), na National Football League (NFL). Os Texans foron creados no 2002 como equipo de expansión, completando a lista dos 32 equipos actuais, polo que é o equipo de máis recente creación da liga. O anterior equipo da cidade, os Houston Oilers, mudáronse a Nashville, no estado de Tennessee, adoptando o nome de Tennessee Titans en 1999.

Os Texans aínda non disputaron ningún partido de postempada, e son un dos seis equipos que aínda non participaron na Super Bowl.

Xogadores Cadro actual

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial dos Houston Texans