O Estadio Nelson Mandela Bay en Porto Elizabeth, Suráfrica, é un campo de rugby e fútbol con capacidade para 48.459 espectadores situado na Baía de Nelson Mandela. Actualmente é utilizado polos Southern Kings, equipo do Pro14. Inaugurado o 7 de xuño de 2009, foi unha das sedes da Copa Mundial de Fútbol de 2010.

Construción O estadio, de cinco niveis, e un custo aproximado de 1,1 millóns de rands (ao redor de 150 millóns de dólares), situado na Baía de Nelson Mandela, nomeada en honra do presidente do país e Premio Nobel da Paz Nelson Mandela, construíuse con vistas ao Lago North End, no centro da cidade. É un do tres estadios novos construídos para a disputa da Copa Mundial de Fútbol de 2010.

Trátase do primeiro estadio de fútbol de clase mundial edificado na provincia Oriental do Cabo. O estadio contará con 150 suites VIP, 60 suites de negocios, unha tenda de roupa deportiva, ximnasio e 500 prazas de aparcadoiro, ademais de salóns de actos. Segundo a programación oficial, debería ser concluído en decembro de 2008. miniatura|200px|esquerda|Vista aérea do estadio. Durante a súa construción, producíronse gran cantidade de especulacións sobre o cumprimento dos prazos de construción do estadio no período previo á Copa Mundial 2010, para cumprir co requisito de que todos os estadios do Mundial da FIFA debían ser completados antes de xaneiro de 2010. O Estadio Nelson Mandela Bay foi o primeiro do cinco novos estadios en iniciar e finalizar a súa construción. Os outros novos estadios están situados en Cidade do Cabo, Durban, Polokwane e Nelspruit. Aínda que con atraso, o estadio axustouse ao calendario previsto e foi completado en xuño de 2009.

O ministro surafricano de Deportes e Recreación, Makhenkesi Stofile, durante unha visita ás obras, lembrou a todos os presentes a necesidade de cumprir os estritos requisitos da FIFA. Tamén expresou a esperanza de que o estadio estaría terminado a tempo para a visita do equipo de inspección da FIFA que decidiría as cidades anfitrioas da Copa FIFA Confederacións 2009.

No entanto, o 8 de xullo de 2008, o comité organizador informou que o escenario non estaría listo a tempo para esta competición, a disputarse entre xuño e xullo de 2009. A pesar diso, o estadio si estaría listo para a Copa Mundial de Fútbol de 2010.Reuters: Estadio Mundial Suráfrica, ausente Copa Confederacións. Consultado o 8 de xullo de 2008. O seu acto de inauguración produciuse, finalmente, o 7 de xuño de 2009.

Copa do Mundo 2010

Partidos

O Nelson Mandela Bay albergou durante o campionato oito encontros: cinco encontros da fase de grupos, un de oitavos de final, un de cuartos de final e o partido polo terceiro e cuarto posto. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores 12 de xuño Primeira rolda Corea do Sur 2 - 0Grecia 31.513 15 de xuño Primeira rolda Costa do Marfil 0 - 0 Portugal 37.034 18 de xuño Primeira rolda Alemaña 0 - 1 Serbia 38.294 21 de xuño Primeira rolda Chile 1 - 0 Suíza 34.872 23 de xuño Primeira rolda Eslovenia 0 - 1 Inglaterra 36.893 26 de xuño Oitavos de final Uruguai 2 - 1 Corea do Sur 30.597 2 de xullo Cuartos de final Países Baixos 2 - 1 Brasil 40.186 10 de xullo Semifinal Uruguai 2 - 3 Alemaña 36.254

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Copa Mundial de Fútbol de 2010

Ligazóns externas Sitio web oficial Estadio Nelson Mandela Bay

Categoría:Estadios de rugby de Suráfrica Categoría:Estadios de fútbol de Suráfrica Categoría:Estadios do Mundial de Fútbol de 2010