A Ligue 1, anteriormente chamada Division 1, é a máxima categoría da liga de fútbol profesional en Francia. Dispútase desde 1932 e está organizada pola Ligue de Football Professionnel.
O Championnat francés é a sexta mellor liga do mundo segundo o ránking oficial da Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).
Historia miniatura|esquerda|Partido da Ligue 1 entre o PSG e o SM Caen en 2004. En 1932 e tras un longo debate, o fútbol profesional instalouse en Francia. Iso impulsou a creación dun campionato nacional de liga, xa que ata entón só se disputaban varios torneos rexionais, ademais da Copa de Francia.
O 11 de setembro de 1932 disputouse a primeira xornada do que inicialmente se chamou Championnat National. Organizáronse dous grupos, de dez equipos cada un, cuxos respectivos campións, AS Cannes e Olympique Lillois enfrontáronse entre si nunha final polo título, na que se impuxeron os segundos.
A seguinte tempada xa se adoptou o formato de grupo único, con 14 equipos, e o campionato pasou a denominarse Division 1.
Sistema de competición
Actualmente participan na liga vinte clubs, que se enfrontan todos contra todos en dúas ocasións, unha en campo propio e outra en campo contrario. Son un total de 38 xornadas, que se desenvolven entre os meses de agosto e maio do seguinte ano. O calendario dos partidos establécese por sorteo antes do inicio do campionato.
O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma puntos, e en caso dun empate hai un punto para cada equipo. Ao termo do campionato, o equipo que acumula máis puntos proclámase campión da liga francesa e clasifícase para a Liga de Campións da UEFA, xunto co segundo clasificado. O terceiro clasificado obtén o dereito a disputar unha eliminatoria previa para acceder á Liga de Campións. O cuarto clasificado obtén unha praza para a UEFA Europa League. Os tres últimos equipos descenden á Ligue 2, sendo substituídos a seguinte tempada polos tres primeiros clasificados desta categoría.
Equipos 2020/21 ClubCidadeEstadioCapacidade Angers Angers Stade Raymond Kopa 18.752 Brest Brest Stade Francis-Le Blé 15.931 Dijon Dijon Stade Gaston Gérard 15.995 Girondins de Bordeaux Bordeos Matmut Atlantique 42.115 Lens Lens Stade Bollaert-Delelis 37.705 Lille Villeneuve-d'Ascq Stade Pierre-Mauroy 50.186 Lorient Lorient Stade du Moustoir 18.890 Metz Metz Stade Saint-Symphorien 25.636 Monaco Mónaco Stade Louis II 18.523 Montpellier Montpellier Stade de la Mosson 32.900 Nantes Nantes Stade de la Beaujoire 35.322 Nice Niza Allianz Riviera 35.624 Nîmes Nîmes Stade des Costières 18.482 Olympique de Lión Lión Groupama Stadium 59.186 Olympique de Marsella Marsella Orange Vélodrome 67.394 Paris Saint-Germain París Parc des Princes 48.583 Reims Reims Stade Auguste Delaune 21.684 Rennes Rennes Roazhon Park 29.778 Saint-Étienne Saint-Étienne Stade Geoffroy-Guichard 41.965 Strasbourg Estrasburgo Stade de la Meinau 29.230
Palmarés En negra os equipos xogando na Ligue 1 na tempada 2020/21. Equipo Campión Anos Saint-Étienne 10 1957, 1964, 1967, 1968, 1969, 1970, 1974, 1975, 1976, 1981 Olympique de Marsella 9 1937, 1948, 1971, 1972, 1989, 1990, 1991, 1992, 2010 Paris Saint-Germain 9 1986, 1994, 2013, 2014, 2015, 2016, 2018, 2019, 2020 Nantes 8 1965, 1966, 1973, 1977, 1980, 1983, 1995, 2001 Monaco 8 1961, 1963, 1978, 1982, 1988, 1997, 2000, 2017 Olympique de Lión 7 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008 Girondins de Bordeos 6 1950, 1984, 1985, 1987, 1999, 2009 Stade de Reims 6 1949, 1953, 1955, 1958, 1960, 1962 Nice 4 1951, 1952, 1956, 1959 Lille 3 1946, 1954, 2011 Sochaux 2 1935, 1938 Sète 2 1934, 1939 Lens 1 1998 RCF Paris 1 1936 Strasbourg 1 1979 Olympique Lillois 1 1933 Roubaix-Tourcoing 1 1947 Auxerre 1 1996 Montpellier 1 2012
Notas
Véxase tamén
Categoría:Ligas de fútbol de Francia Categoría:Ligas de fútbol de primeira división de Europa