A Fußball-Bundesliga é a competición entre os equipos de fútbol da máxima categoría de Alemaña. Comezouse a disputar en 1963, a partir dos campionatos rexionais ou zonais que se disputaban ata entón. Xunto coa Zweite Bundesliga ou 2. Bundesliga, forman as dúas divisións nacionais do fútbol alemán. En 1997 foi elixida como mellor campionato de primeira división de fútbol do mundo.

Na Bundesliga o chamado clásico enfronta ao Bayern de Múnic contra o Werder Bremen. Tamén existe outro clásico, o Schalke 04 contra o Borussia Dortmund, este é por razóns xeográficas.Fundamenta o clásico entre o Schalke 04 contra o Borussia Dortmund. Ver novas 5 e 6 do Borussia Dortmund. - ESPN Deportes Outro clásico é o chamado clásico do sur e o norte: o Bayern de Múnic contra o Hamburgo SV.

A Bundesliga é considerada como a sexta mellor liga do mundo segundo a clasificación oficial da Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).

Sistema de competición A tempada iníciase a principios de agosto e dura ata finais de maio, cunha pausa de inverno de seis semanas (mediados de decembro ata finais de xaneiro). A partir do novo contrato de televisión de 2006 xógase un partido o venres, 6 partidos o sábado e 2 o domingo.

Os equipos desta categoría enfróntanse todos contra todos seguindo un calendario establecido por sorteo. O gañador de cada partido ten tres puntos, o empate outorga un punto e a derrota, cero puntos. O que logre máis puntos ao final da tempada, será o gañador da liga.

O campión ten dereito a disputar a seguinte edición da Liga de Campións da UEFA, do mesmo xeito que o segundo clasificado. O terceiro lugar clasifica igualmente á competición, coa condición de pasar unha rolda previa antes de ir á rolda final. O cuarto e quinto lugar disputarán a UEFA Europa League. Se o campión de Copa clasifícase para a Liga de Campións, o finalista xogará a UEFA Europa League, independentemente da posición que ocupe na liga (xogará a UEFA Europa League ata se descende á segunda división).

Os dous últimos da clasificación descenden automaticamente á 2. Bundesliga (segunda división), intercambiándose cos dous primeiros clasificados desta. O antepenúltimo clasificado da Bundesliga disputará un play-off de promoción co terceiro clasificado da 2. Bundesliga, en partidos de ida e volta. O gañador terá unha cota na Bundesliga da seguinte tempada.

Participantes 2022/23 Os 18 equipos participantes nesta edición da liga alemá de fútbol son os seguintes: Equipo Cidade Estadio Capacidade FC Augsburg Augsburg WWK Arena 30.660 Bayer Leverkusen Leverkusen BayArena 30.210 Bayern München Múnic Allianz Arena 75.000 Bochum Bochum Vonovia Ruhrstadion 27.599 Borussia Dortmund Dortmund Signal Iduna Park 81.359 Borussia Mönchengladbach Mönchengladbach Stadion im Borussia-Park 59.724 Eintracht Frankfurt Frankfurt Deutsche Bank Park 51.500 Freiburg Friburgo Schwarzwald-Stadion 24.000 Hertha BSC Berlín Estadio Olímpico 74.649 TSG Hoffenheim Sinsheim PreZero Arena 30.150 1. FC Köln Colonia RheinEnergieStadion 49.698 RB Leipzig Leipzig Red Bull Arena 47.069 Mainz 05 Mainz Opel Arena 34.000 Schalke 04 Gelsenkirchen Veltins-Arena 62.271 Stuttgart Stuttgart Mercedes-Benz Arena 60.449 Union Berlin Berlín Stadion An der Alten Försterei 22.012 Werder Bremen Bremen Wohninvest Weserstadion 42.100 VfL Wolfsburg Wolfsburg Volkswagen Arena 30.000

Palmarés Dende a creación da Bundesliga, o Bayern Múnic acadou 30 campionatos, o Borussia Mönchengladbach e o Borussia Dortmund acadaron 5, o Werder Bremen acadou 4, e o Hamburgo SV e o VfB Stuttgart acadaron 3. Outros 6 clubs acadaron o título nalgunha ocasión.

O Hamburgo SV é o unico club que ten disputado tódalas edicións da Bundesliga dende a súa creación, en 1963.

Tempada Campión 1963–64 1. FC Köln 1964–65 Werder Bremen 1965–66 1860 München 1966–67 Eintracht Braunschweig 1967–68 1. FC Nürnberg 1968–69 Bayern München 1969–70 Borussia Mönchengladbach 1970–71 Borussia Mönchengladbach 1971–72 Bayern München 1972–73 Bayern München 1973–74 Bayern München 1974–75 Borussia Mönchengladbach 1975–76 Borussia Mönchengladbach 1976–77 Borussia Mönchengladbach 1977–78 1. FC Köln Tempada Campión 1978–79 Hamburger SV 1979–80 Bayern München 1980–81 Bayern München 1981–82 Hamburger SV 1982–83 Hamburger SV 1983–84 VfB Stuttgart 1984–85 Bayern München 1985–86 Bayern München 1986–87 Bayern München 1987–88 Werder Bremen 1988–89 Bayern München 1989–90 Bayern München 1990–91 1. FC Kaiserslautern 1991–92 VfB Stuttgart 1992–93 Werder Bremen Tempada Campión 1993–94 Bayern München 1994–95 Borussia Dortmund 1995–96 Borussia Dortmund 1996–97 Bayern München 1997–98 1. FC Kaiserslautern 1998–99 Bayern München 1999–00 Bayern München 2000–01 Bayern München 2001–02 Borussia Dortmund 2002–03 Bayern München 2003–04 Werder Bremen 2004–05 Bayern München 2005–06 Bayern München 2006–07 VfB Stuttgart 2007–08 Bayern München Tempada Campión 2008–09 VfL Wolfsburg 2009–10 Bayern München 2010–11 Borussia Dortmund 2011–12 Borussia Dortmund 2012–13 Bayern München 2013–14 Bayern München 2014–15 Bayern München 2015–16 Bayern München 2016–17 Bayern München 2017–18 Bayern München 2018–19 Bayern München 2019–20 Bayern München 2020–21 Bayern München 2021–22 Bayern München

Histórico

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Web oficial da Bundesliga

Categoría:Bundesliga