Neox, antes coñecida como Antena.Neox e Neox8, é unha canle de televisión privada española propiedade de Atresmedia que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV, R e Euskatel comezou as súas emisións o 30 de novembro de 2005.
Historia e características A programación está orientada ao público adolescente (12 - 20 anos) e xuvenil (21 - 25 anos). Nun principio, a canle dirixíase tamén ao público infantil, con series de animación modernas e clásicas como Heidi, Marco e A Pantera Rosa.
Emite series, cinema e programas xuvenís de entretemento. Os seus programas máis exitosos son The Simpsons e Aquí no hay quien viva.
En xaneiro de 2008 non só se situou como a canle máis vista de TDT, senón tamén do conxunto temáticas.
Ademais, Antena 3 Internacional emite un bloque de programación de Antena.Neox para toda América Latina, de 5 horas de duración (02:00 a 07:00 hora central mexicana) con programas de produción propia como VU87, Zapineox, DXT.Neox, Interneox, Como el perro y el gato, Guasanga e Pelopicopata ademais de dúas series históricas de Antena 3 como Farmacia de Guardia e Nada es para siempre.
Notas
Categoría:Canles de Atresmedia Categoría:Cadeas de televisión de España