Bren Entertainment S.A. é unha empresa galega de creación audiovisual, con sede en Santiago de Compostela. Forma parte do grupo Filmax Entertainment, dedicado á creación, produción, posprodución, distribución e exhibición de contidos audiovisuais para a industria do entretemento.
Historia Bren Entertainment foi fundada no ano 2000 como estudo de animación CGI. A súa actividade abarca todos os procesos de produción CGI, aplicados tanto á animación como á integración con imaxe real. Desde 2006 dedícase tamén á produción de documentais (tanto de creación como sociais) e ficción televisiva.
Colleitou 5 premios Goya.
Longametraxes O Cid, a lenda (José Pozo, 2003). Premio Goya á mellor película de animación. P3K: Pinocho 3000 (Daniel Robichaud, 2004). Goya á Mellor Película de Animación. Gisaku (Baltasar Pedrosa, 2005). Creouse co obxectivo de achegar a cultura e realidade española á sociedade xaponesa durante a Exposición Universal de Aichi en 2005. Candidata ao Goya á Mellor Película de Animación. Pérez, o ratiño dos teus soños (Juan Pablo Buscarini, 2006). Superou os 700 000 espectadores, converténdose no filme español de animación máis visto ata entón. Goya á mellor película de animación. Donkey Xote (José Pozo, 2007). Nomeada ó Goya á Mellor Película de Animación. Nocturna, una aventura mágica (Víctor Maldonado e Adrià García, 2007). Goya á mellor Película de Animación. Pérez 2, el ratoncito de tus sueños (2008). Nomeada ó Goya á Mellor Película de Animación.
Outras producións Maniotas (Fran Velo e Xosé Antón Moure, 2009). Serie documental. 13 x 30'. TVG. Días de reparto (Jorge Coira e Iker Elorrieta, 2009). Documental (55´). Reliquias (Toño López, 2009). Tv Movie. (90´). Exposición permanente Xacobeo (Pavillón de Galicia) (Chema Gagino, 2009). Pezas de animación e integración para a Exposición Xacobeo. Botarse ao monte (Fran Velo e Xosé Antón Moure, 2009). Serie documental. 13 x 30'. TVG. Nomeado aos premios Mestre Mateo 2009 ao mellor programa de TV e mellor Comunicador. O pequeno eloxio da distancia (Felipe Vega, Julio Llamazares e Ángel Hernández Zoido). Curtametraxe documental (15´). Eloxio da distancia (Felipe Vega e Julio Llamazares, 2008). Longametraxe documental (90'). HD para copia en 35 mm. Nomeada aos Premios Mestre Mateo 2008 ao mellor documental. O premio da rubia (Marcos Nine, 2008). Documental (55'). TVG. Prodixiosos (Manuel Darriba, 2008). Documental (55'). TVG. Historia dunha parroquia (Marcos Nine, 2007). Documental (55') TVG. Nomeado aos Premios Mestre Mateo 2007 ao mellor documental. Tolos por Xapón (Manuel Darriba e Pedro Ramos, 2006). Documental (55') TVG. Nomeado aos Premios Mestre Mateo 2007 ao mellor documental. Hai que mollarse! (Fran Velo e Xosé Antón Moure. Serie documental. 39 x 30'. TVG. 2007-2008. Mellor programa de TV nos Premios Mestre Mateo 2008. Nomeado aos Premios Mestre Mateo 2008 á Mellor Realización. Nomeado aos Premios Mestre Mateo 2007 ao mellor programa de TV e mellor dirección. Lume e fume (Emilio Mac Gregor, 2006). Documental (55'). TVG. Nomeado aos Premios Mestre Mateo 2006 ao mellor documental.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da empresa
Categoría:Produtoras de cinema de Galicia Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes Categoría:Tecnoloxía en Galicia