A diocese de Ourense (en ) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre xaneiro de 2010 e febreiro de 2012 a cadeira bispal estivo vacante, sendo a diocese administrada de forma temporal por Luís Quinteiro Fiúza, bispo da diocese de Tui-Vigo e anterior bispo ourensán. Porén, en febreiro de 2012 tomou posesión como bispo José Leonardo Lemos Montanet"Ourense terá bispo en febreiro tras dous anos sen el", artigo en La Voz de Galicia, 16 de decembro de 2011..

Xurisdición A diocese comprende a provincia de Ourense agás a comarca de Valdeorras, pertencente á diocese de Astorga. Abrangue 5.281 km², e a súa sé está na cidade de Ourense, na catedral de San Martiño. Reúne 735 parroquias, agrupadas en 28 arciprestados.

Historia miniatura|300px|Mapa da diocese de 1763 de por Cornide. Moitos dos seus arciprestados fan referencia a pobos prerromanos, como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos. A data de creación da diocese é incerta, pero tradicionalmente vénse considerando no ano 433, cando un bispo de Ourense foi consagrado en Lugo. A primeira datación documentada é no ano 572, cando o bispo Vitimiro participa no Segundo Concilio de Braga. Nese momento a diocese era sufragánea de Lugo.

Trala conquista de Ourense por parte dos árabes no 716 a diocese foi suprimida, restablecéndose no 881. Con todo, non se sabe nada desde o ano 986 até o 31 de xullo de 1071, cando foi restablecida por segunda vez co bispo Edoronio, e como sufragánea da arquidiocese de Braga. Pasou a formar parte da arquidiocese de Santiago de Compostela o 27 de febreiro de 1120. A catedral foi consagrada o 4 de xullo dese mesmo ano. En 1804 fundouse o seminario diocesano, baixo a advocación do Divino Mestre.

Administrativamente, a parroquia de Lamadarcos foi anexada a Portugal en 1868 coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864. Porén, seguiría baixo o dominio do bispado ourensán até 1882, cando, co obxectivo de facer coincidir os límites civís cos relixiosos, se executou unha bula do ano anterior pola cal era incorporada á arquidiocese de Braga. Nesta mesma bula tamén lle foi desmembrada a freguesía portuguesa de Tourém, que eclesiasticamente sempre pertenceu á diocese galega. Foi precisamente nesta freguesía do país veciño onde, entre 1812 e 1814, se refuxiou o bispo Pedro de Quevedo y Quintano ó se negar a xurar a Constitución española de 1812. O mesmo fixo o seu sucesor, Dámaso Iglesias Lago, durante o Trienio liberal.

En 1893 o bispo Cesáreo Rodrigo, após ter visitado as parroquias diocesanas todas, levou a cabo unha das máis importantes reformas parroquiais da diocese.

Malia a bula de 1881, aínda restaban dentro dos límites eclesiásticos de Ourense as partes galegas das poboacións promiscuas de Cambedo e Souteliño da Raia, que tamén foran anexadas a Portugal no devandito tratado de Lisboa. Coa entrada do país portugués en 1910 nun novo réxime e as crecentes dificultades dos párrocos para cruzar a fronteira, Souteliño e Cambedo foron tamén incorporados ó arcebispado bracarense en 1914.

Os límites da diocese volveron ser modificados, nas partes que lindaban con outras dioceses, en outubro de 1954 para facelos coincidir supostamente cos da provincia administrativa. Gañou, procedentes do bispado de Tui-Vigo, doce parroquias do arciprestado de Ribadavia e as de Desteriz e Padrenda; do arcebispado de Santiago de Compostela, as de Beariz, Xirazga e Lebozán; do bispado de Lugo, a de San Pedro de Espiñeira; e procedentes do bispado de Astorga, tres parroquias do enclave do Castro de Caldelas e a de San Pedro da Gudiña. No entanto, tamén perdeu seis freguesías na provincia de Lugo e once na de Zamora.

Datos A finais de 2015 había 278.909 bautizados, sobre unha poboación de 284.492 persoas, o 98,1 % do total.

anopoboaciónsacerdotesdiáconosrelixiososparroquias bautizados total % total clerosecular cleroregular bautizados porsacerdote homes mulleres 1950 408.565 410.260 99,6 572 520 52 714 85 263 684 1970 380.335 381.061 99,8 634 560 74 599 109 504 656 1980 385.200 386.000 99,8 558 480 78 690 124 351 734 1990 316.513 317.628 99,6 482 427 55 656 89 315 737 1999 311.715 312.450 99,8 420 379 41 742 109 358 735 2000 311.670 312.400 99,8 412 372 40 756 117 354 735 2001 310.795 311.530 99,8 404 366 38 769 101 349 735 2002 311.652 312.400 99,8 396 359 37 787 97 346 735 2003 314.107 315.407 99,6 396 360 36 793 97 357 735 2004 314.107 315.407 99,6 393 358 35 799 79 352 735 2013 285.506 294.746 96,9 333 308 25 857 75 318 735 2016 278.909 284.492 98,1 305 266 39 914 85 328 735

Lista de bispos

Estes foron os bispos da diocese ao longo da historia: miniatura|El pontificado gallego. Cronica de los Obispos de Orense. de Benito Fernández Alonso. Bispos primitivos Vitimiro de Ourense ou Güitimiro (ca. 570) Lupato (ca. 589) Teodoro (ca. 610) David (ca. 633 a 638) Gaudisteo (ca. 646 a 650) Somna (ca. 653 a 655) Alario ou Hilario (ca. 675 a 683) Maido (ca. 802) Adulfo (c. 820) Sebastián (877-881) Xenserico (ca. 884) Sumna (886-890) Exila (ca. 900) Estevo (ca. 905) Santo Ansur (ca. 915-922) Diego I (942-958) Fredulfo (962) Gonzalo (964) Diego II (974-977) Vimarano (ca. 986)

Bispos dependentes da arquidiocese de Braga Edoronio (1071-1088) Pedro (1088-1096) Diego III (1100-1132) Martiño (1132-1156) Pedro Seguín (1157-1169) Adán (1169-1173) Afonso (1174-1213)

Fernando Méndez (1213-1218) Lourenzo (1218-1248) Xoan Díaz de Ourense (1249-1276) Pedro Eans (1286-1308) Rodrigo Peres (1310) Gonzalo Daza e Osorio (1311-1319) Gonzalo Peres de Novoa (1320-1332) Vasco Peres Mariño (1333-1343) Álvaro Pérez de Viedma (1343-1351) Juan Cardallac (1351-1361) Afonso Peres Noia (1362-1367) Juan García Manrique (1368-1376) García (1379-1382)

Bispos dependentes da arquidiocese de Compostela Pascual García (1383-1390) Diego Anaya Maldonado (1390-1392) Pedro Díaz (1392-1408) Francisco Afonso (1409-1419) Alfonso de Cusanza (1420-1424) Álvaro Pérez Barreguín (1424-1425) Diego Rapado (1425-1443) Juan de Torquemada, O.P. (1443-1445) Pedro Silva (1447-1462) Alonso López de Valladolid (1466-1469) Diego de Fonseca (1471-1474) Antonio Pallavicini Gentili (1486-1507) Administrador apostólico: Pietro Isualles (1508 - 1511, finado) Administrador apostólico: Orlando Carretto della Rovere (1511 - 1512, finado; tamén arcebispo de Aviñón) Fernando Valdés (1530-1532) (tamén bispo de Oviedo) Rodrigo Mendoza Manrique (1532-1537) (tamén bispo de Salamanca) Antonio Ramírez de Haro (1537-1539) (tamén bispo de Ciudad Rodrigo) Fernando Niño de Guevara (1539-1542) (tamén bispo de Granada) Francisco Manrique de Lara (1542-1556) (tamén bispo de Salamanca) Francisco Blanco Salcedo (1556-1565) (tamén bispo de Málaga) Fernando Tricio Arenzana (1565-1578) (tamén bispo de Salamanca) Juan de Sanclemente Torquemada (1578-1587) (tamén arcebispo de Santiago de Compostela) Pedro González Acevedo (1587-1594) (tamén bispo de Plasencia) Miguel Ares Canaval (1594-1611) Sebastián Bricianos, O.F.M. (1611-1617) Pedro Ruiz Valdivieso (1617-1621) Juan de la Torre Ayala (1621-1626) (tamén bispo de Ciudad Rodrigo) Juan Venido Castilla, O.F.M. (1626-1631) Diego Zúñiga Soutomaior (1631-1634) (tamén bispo de Zamora) Luis García Rodríguez (1634-1637) (tamén bispo de Astorga) Juan Velasco Acevedo (1637-1642) Antonio Paiño Sevilla Osorio (1643-1653) (tamén bispo de Zamora) Alfonso de Sanvitores de la Portilla (1653-1659) José de la Peña (1659-1663) Francisco Rodríguez Castañón (1663-1667) Baltasar de los Reyes (1668-1673) Diego Ros de Medrano (1673-1694) Damián Cornejo (1694-1706) Juan Arteaga Dicastillo (11-IV-1707 - 17-IX-1707) Marcelino Siuri Navarro (1708-1717) (tamén bispo de Córdoba) Juan Muñoz de la Cueva, O.SS.T. (1717-1728) Andrés Cid de San Pedro Fernández, O. Cist. (1728-1734) Ramón Francisco Agustín Eura, O.S.A. (1738-1763) Francisco Galindo Sanz, O.M. (1764-1769) Alfonso Francisco Arango (1769-1775) miniatura|Pedro de Quevedo y Quintano. Pedro Benito Antonio Quevedo y Quintano (1776-1818) Dámaso Egidio Iglesias Lago (1818-1840) Juan Manuel Bedoya (1847) (electo) Pedro José Zarandia Endara (1847-1851) (tamén bispo de Huesca) Luis de la Lastra y Cuesta (1852-1857) (tamén bispo de Valladolid) José Ávila Lamas (1857-1866) José La Cuesta Maroto (1866-1871) Cesáreo Rodrigo (1875-1895) Pascual Carrascosa Gabaldón (1895-1904) Eustaquio Ilundáin Esteban (1904-1920) (tamén arcebispo de Sevilla) Florencio Cerviño González (1921-1941) Francisco Blanco Nájera (1944-1952) Ángel Temiño Sáiz (1952-1987) Xosé Diéguez Reboredo (1987-1996) (tamén bispo de Tui-Vigo) Carlos Osoro Sierra (1996-2002) (tamén bispo de Oviedo) Luis Quinteiro Fiúza (2002-2010"Luis Quinteiro dice que siente 'pena' por abandonar la Diócesis de Ourense y 'alegría' por seguir en Galicia" Europa Press, 28 de xaneiro de 2010. ) (tamén bispo de Tui-Vigo) Leonardo Lemos Montanet (2012-).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Páxina web do Bispado de Ourense

Ourense Ourense