Steven Allan Spielberg, nado en Cincinnati (Ohio) o 18 de decembro de 1946, é un director de cine estadounidense. Foi sete veces candidato ao Óscar ó mellor director, obténdoo en dúas ocasións, cos filmes A lista de Schindler (1993) e Saving Private Ryan (1998). Tres das súas películas lograron converterse no filme de maior recadación no seu momento: Tiburón (1975), E.T. the Extra-Terrestrial (1982) e Parque Xurásico (1993). Foi condecorado coa Orde do Imperio Británico e a National Humanities Medal.
Traxectoria Criouse nos suburbios de Haddonfield (Nova Jersey) e Scottsdale (Arizona). Spielberg estivo sempre abraiado coa industria do cine. De neno, cobraba entradas para as súas películas caseiras (que incluían accidentes de trens que el representaba co seu xogo de trens Lionel). Con 12 anos xa tiña rematada a súa primeira produción con guión e actores incluídos. Un ano despois, Spielberg gañou un premio por unha película de guerra de 40 minutos de duración titulada Escape to Nowhere. En 1963, con 16 anos, a súa produción de 140 minutos Firelight, que tempo despois lle inspiraría para realizar Encontros na terceira fase, foi presentada no teatro local e deulle 100$ de ganancias.
Logo de que se lle negara a entrada a escolas cinematográficas tradicionais, Spielberg entrou na universidade de California en Long Beach para estudar inglés. Posteriormente obtivo un Bachelor of Arts en inglés e estudou cine. A súa carreira cinematográfica comezou cando baixou dun bus turístico nos estudios Universal en Hollywood e deambulou ata atopar unhas oficinas abandonadas e que converteu en súas. Co paso do tempo ata os gardas de seguridade saudábano sen preguntar quen era.
Inicios da carreira profesional Co tempo, Spielberg comezou a producir Amblin'. Esta película de só 24 minutos converteuno no director máis novo en obter un contrato co estudio de Hollywood máis grande (Universal). A película tivo un orzamento de 15.000$ postos por un amigo. Amblin gañou varios premios en diferentes festivais e incluso foi presentada no Festival de cine de Atlanta en 1969. Daquela Spielberg xa tiña firmado un contrato de 7 anos para a división de televisión. Despois de catro anos e varios programas de televisión, dirixiu unha película para televisión chea de suspense chamada O demo sobre rodas, que foi aclamada tanto por críticos como pola audiencia. Finalmente, a película estreouse nos cines.
Porén, Spielberg non acadou a entrada definitiva na industria do cine ata dirixir Viaxe a Sugarland en 1974. Foi Tiburón (Jaws) a película que o converteu nun dos directores máis famosos e importantes do mundo. En 1977 dirixe Encontros na terceira fase, película pola que obtivo un nomeamento ó Óscar como mellor director.
Malia os seus primeiros éxitos, Spielberg fracasa ó dirixir 1941, unha comedia sobre a segunda guerra mundial. Despois disto, únese co seu amigo George Lucas para rodar Na busca da arca perdida, coa personaxe de Indiana Jones encarnada por Harrison Ford. A película deulle outro nomeamento ó Óscar como mellor director.
Volvendo a ciencia ficción e a exploración de vida extraterrestre, Spielberg dirixe en 1982 E.T. the Extra-Terrestrial, converténdose na película máis exitosa do momento e nun clásico do cine. Por esta película recibiu premios coma o da Sociedade Nacional de Críticos de Cine (National Society of Film Critics) como mellor director e tamén por parte da Asociación de Críticos de Cine dos Ánxeles.
Drama Despois de dirixir as continuacións de Indiana Jones, Indiana Jones e o templo maldito e Indiana Jones e a última cruzada, Spielberg dirixiu A cor púrpura (The Color Purple) en 1985, en resposta a aqueles que pensaban que non podería dirixir un drama. A pesar de non ser unha película de éxito na billeteira, recibiu 11 nomeamentos ós premios Óscar.
En 1987 rodou O imperio do sol, mentres que Always, para sempre foi lanzada en 1989, seguíndolle dous anos máis tarde Hook, o capitán Garfo, todas elas películas de pouco éxito.
En 1993 Spielberg sorprendeu ó mundo con Parque Xurásico (Jurassic Park), unha historia de dinosauros creados por manipulación xenética, e cunha película tributo a Oskar Schindler, A lista de Schindler. Mentres que a primeira recadou 100 millóns de dólares en tan só 9 días, coa segunda obtivo o Óscar a mellor película e ó mellor director.
En 1997 Spielberg estreou a segunda parte de Parque Xurásico, The Lost World: Jurassic Park, e tamén dirixiu Amistad, pola que recibiu unha nomeamento ó Globo de Ouro ó mellor director. En 1998 dirixiu Salvar ó soldado Ryan (Saving Private Ryan), un drama protagonizado por Tom Hanks e Matt Damon. Por esta película conseguiu outro Óscar ó mellor director.
En 2001 dirixe A.I. Artificial Intelligence, con Jude Law e Haley Joel Osment, película baseada na posibilidade de que os robots poden ser tan reais como para ter a capacidade de sentir coma os humanos. En 2002 estreou Minority Report, con Tom Cruise, outra película futurista na que se combina a tecnoloxía co fantástico. O seu argumento trata dunha tecnoloxía que pode descubrir a asasinos antes de que cometan os seus crimes.
En 2002 dirixe Catch Me If You Can, coas actuacións de Leonardo DiCaprio e Tom Hanks, baseada na historia real dun home que estafou e enganou a moita xente facéndose pasar por multitude de persoas.
Producións dereita|miniatura|Steven Allan Spielberg.
Spielberg produciu Poltergeist, Back to the Future, Os Picapedra, Casper, Men in Black (Homes de negro), Deep Impact e A máscara do Zorro, entre outras.
Tamén durante a década dos noventa produciu debuxos animados coma As aventuras dos Tiny Toons e Animaníacos.
Ademais de fundar a súa propia produtora (Amblin Entertainment), Spielberg fundou DreamWorks SKG con Jeffrey Katzenberg e David Geffen en 1994. Este estudio é responsable de películas como American Beauty, Gladiator, Cast Away e a de animación por ordenador Shrek, entre outras.
Entre a lista de premios que Spielberg recibiu están: o Distinguished Public Service Award da Mariña dos Estados Unidos por Saving Private Ryan e o Premio ós logros dunha vida do American Film Institute.
Spielberg non é soamente recoñecido polo seu traballo como director, senón tamén polas súas accións de caridade para organizacións da segunda guerra mundial e a Righteous Persons Foundation (a cal concede diñeiro a varios proxectos xudeus, especialmente organizacións en memoria do Holocausto. Tamén forma parte da Xunta de Conselleiros da Escola de Cine-Televisión da Universidade do Estado de California.
Steven Spielberg está casado coa actriz Cate Capshaw, a quen coñeceu durante as audicións para a película Indiana Jones e o templo maldito.
Filmografía Cinema Ano Título Director Produtor Guionista Actor 1959 The Last GunSiSi 1961 Fighter SquadSiSi Escape to NowhereSiSiSi 1964 FirelightSi Si 1968 Amblin'Si Si 1971 DuelSi 1972 O influxo do malSi 1974 Viaxe a SugarlandSi Si 1975 TiburónSi 1977 Encontros na terceira faseSi Si 1978 I Wanna Hold Your HandSi 1979 1941Si 1980 The Blues Brothers Si Used CarsSi 1981 Continental DivideSi Na busca da arca perdidaSi 1982 E.T. the Extra-TerrestrialSiSi PoltergeistSiSi 1983 Twilight Zone: The MovieSiSi 1984 GremlinsSiSi Indiana Jones e o templo malditoSi Room 666 Si 1985 FandangoSi Back to the FutureSiSi A cor púrpuraSiSi Os GooniesSiSi Young Sherlock HolmesSi 1986 Fievel e o novo mundoSi The Money PitSi 1987 Os nosos marabillosos aliadosSi O imperio do solSiSi BigfootSi InnerspaceSi Three O'Clock HighSi 1988 The Land Before TimeSi Quen enganou a Roger Rabbit?Si 1989 Always, para sempreSiSi Regreso ó futuro IISi DadSi Indiana Jones e a última cruzadaSi 1990ArachnophobiaSi DreamsSi Back to the Future Part IIISi Gremlins 2: The New BatchSi Joe Versus the VolcanoSi Roller Coaster RabbitSi 1991 A Wish for Wings That WorkSi An American Tail: Fievel Goes WestSi Cape FearSi Hook, o capitán GarfoSi Tiny Toon Adventures: How I Spent My VacationSi A Brief History of TimeSi 1993 Parque XurásicoSiSi We're Back! A Dinosaur's StorySi A lista de SchindlerSiSi 1994 The Flintstones Si 1995 Casper Si Balto Si1996 Twister Si 1997 The Lost World: Jurassic ParkSiSi Men in Black Si AmistadSiSi 1998 Saving Private RyanSiSi The Last DaysSi A máscara do ZorroSi Deep ImpactSi 1999 Wakko's WishSi 2000 Shooting WarSi 2001 A.I. Artificial IntelligenceSiSiSi Jurassic Park IIISi Stanley Kubrick: A Life in PicturesSi Vanilla SkySi 2002 Minority ReportSi Homes de negro IISi Austin Powers in Goldmember Si Catch Me If You CanSiSi 2003 Double Dare Si 2004 The Cutting Edge: The Magic of Movie Editing Si The TerminalSiSi 2005 Directed by John FordSi War of the WorldsSi The Legend of ZorroSi Memorias dunha gueixaSi MunichSiSi 2006 Bandeiras de nosos paisSi Cartas de Iwo JimaSi Monster HouseSi The Shark Is Still Working Si 2007 TransformersSi 2008 Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal SkullSi Eagle EyeSi 2009 Transformers: Revenge of the FallenSi The Lovely BonesSi 2010 Hollywood Don't Surf!Si Alén da vidaSi Valor de leiSi 2011 PaulSi Super 8Si Transformers: Dark of the MoonSi Cowboys & AliensSi Real SteelSi The Adventures of TintinSiSi War HorseSiSi 2012 Men in Black 3Si LincolnSi 2013 The Delivery ManSi 2014 Jurassic Park IVSi Transformers: a era da extinciónSiSi2015 The Adventures of Tintin: Prisoners of the SunSiJurassic WorldSiBridge of SpiesSiSi2016The BFGSiSiFinding OscarSi2017Transformers: o último cabaleiroSiOs arquivos do PentágonoSiSi2018Ready Player OneSiSiJurassic World: Fallen KingdomSiBumblebeeSi2021West Side StorySiSi2022The FabelmansSiSiSi
Televisión Night Gallery (1969, 1971) segmento do filme piloto B "Eyes" (30 min) ep4 segA "Make Me Laugh" (30 min) Marcus Welby, M.D. (1970) ep 1–27 "The Daredevil Gesture" (60 min) The Name of the Game (1971) ep 3–16 "L.A. 2017" (90 min) The Psychiatrist (1971) ep. 1–2 "The Private World of Martin Dalton" (60 min) ep. 1–6 "Par for the Course" (60 min) Colombo (1971) ep. 1–1 "Murder by the Book" (90 min) Owen Marshall: Counselor at Law (1971) ep. 1–3 "Eulogy for a Wide Receiver" (60 min) Duel (1971) Telefilme (90 min) O influxo do mal (1972) Telefilme (90 min) Savage (1973) Telefilme (90 min) Strokes of Genius (1984) Serie de televisión Amazing Stories (1985) ep 1–1 "Ghost Train" (30 min) ep 1–5 "The Mission" (60 min) (parte de Amazing Stories: Book One) Tummy Trouble (1989) Tiny Toon Adventures (1990) Serie de televisión (produtor executivo) Tiny Toon Adventures: How I Spent My Vacation (1992) (TV) (produtor executivo) The Habitation of Dragons (1992) (TV) The Water Engine (1992) (TV) (produtor executivo) SeaQuest DSV (1993) (TV) (produtor executivo) Trail Mix-Up (1993) (produtor executivo) Family Dog (1993) Serie de televisión (produtor executivo) Animaniacs (1993) Serie de televisión (produtor executivo) Class of '61 (1993) (TV) (produtor executivo) I'm Mad (1994) (produtor executivo) Yakko's World: An Animaniacs Singalong (1994) ER (1994) Serie de televisión (1994) Pinky and the Brain (1995) Serie de televisión (produtor executivo) Tiny Toon Adventures: Night Ghoulery (1995) (TV) (produtor executivo) Freakazoid! (1995) Serie de televisión (produtor executivo) High Incident (1996) Serie de televisión (produtor executivo) Toonsylvania (1998) Serie de televisión (produtor executivo) Pinky, Elmyra & the Brain (1998) TV series (produtor executivo) Price for Peace (2001) (produtor executivo) We Stand Alone Together (2001) TV (produtor executivo) Band of Brothers (2001) TV series (produtor executivo) Semper Fi (2001) TV (produtor executivo) Taken (2002) TV series (produtor executivo) Burma Bridge Busters (2003) (TV) (produtor executivo) Voices from the List (2004) (V) (produtor executivo) Into the West (2005) Serie de televisión (produtor executivo) Dan Finnerty & the Dan Band: I Am Woman (2005) (TV) (produtor executivo) United States of Tara (2009–2011) Serie de televisión (produtor executivo) The Pacific (2010) (produtor executivo)