Ernesto Vázquez Souza, nado na Coruña en 1970, é un escritor e investigador galego.

Traxectoria Doutorado pola Universidade da Coruña en Filoloxía Hispánica, sección de Galego-portugués, é especialista en historia do impreso galego na etapa contemporánea. Ten publicado artigos e outros traballos sobre as Irmandades da Fala, a figura de Ánxel Casal ou a Xeración Nós. Traballa como bibliotecario en Valladolid.

Obras publicadas Ensaio

Xuana de Vega ou "Os mártires": dúas versións dunha obra inconclusa de Antón Vilar Ponte, Laiovento, 2001). A Fouce, o Hórreo e o prelo, Anxel Casal ou O libro galego moderno, (Ediciós do Castro, 2003). Desta beira do Leteu. Artigos de historia cultural, literatura e sociedade desde o esquecemento (Laiovento, 2004). Noticia mínima e contexto da "Asociación Regional de Padres de Familia para la Defensa del Laicismo en la Enseñanza", A Coruña (1931-1936) (Laiovento, 2006).

Obras colectivas Máis alá!, edición facsímile, (Eira Vella, 2000). Ánxel Casal (1895-1936): textos e documentos, con Xosé María Dobarro, e introdución de Xesús Alonso Montero (Ediciós do Castro, 2003). Galiza: língua e sociedade (XIV ensaios), 2009, Associação de Amizade Galiza-Portugal.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1970 Categoría:Ensaístas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña