dereita|miniatura|200px|Peixe pulmonado australiano Os dipnoi, dipnoos ou peixes pulmonados son unha subclase de peixes da clase Sarcopterygii, isto é, peixes óseos portadores dunha vexiga natatoria adaptada á función de respiración aérea.

Características Viven exclusivamente en auga doce e teñen un tamaño mediano e unha forma típica, alongada. Teñen narinas internas atípicas (as súas narinas ábrense dentro da cavidade bucal), pulmóns funcionais e sistema circulatorio diferenciado. Por estas características foron considerados no pasado coma ancestrais dos tetrápodos.

Os peixes dipnoicos son especiais polo feito de teren como órgano primario da respiración un pulmón especializado que non posúe bronquios, sendo quen de extraer osíxeno directamente do aire atmosférico. Este é un órgano impar en Neoceratodus e par en Lepidosiren e Protopterus.

Clasificación Subclase Dipnoi Familia Diabolichthyidae † Familia Uranolophidae † Familia Speonesydrionidae † Familia Dipnorhynchidae † Familia Stomiahykidae † Familia Dipteridae † Familia Chirodipteridae † Familia Holodontidae † Familia Fleurantiidae † Familia Rhynchodipteridae † Familia Phaneropleuridae † Familia Ctenodontidae † Familia Sagenodontidae † Familia Gnathorhizidae † Orde Ceratodontiformes: caracterizados por posuír aletas anchas e un pulmón impar. Familia Asiatoceratodontidae † Familia Ptychoceratodontidae † Familia Ceratodontidae Xénero Ceratodus † Xénero Metaceratodus † Xénero Mioceratodus † Xénero Neoceratodus Orde Lepidosireniformes: caracterizados por posuír aletas largas e estreitas e un par de pulmóns. Familia Lepidosirenidae Familia Protopteridae

Véxase tamén

Ligazóns externas Lungfish information site Dipnoiformes at Palaeos.com Dipnoi at the University of California Museum of Paleontology

Categoría:Fósiles Categoría:Osteíctios