Diego de Muros, nado en Muros e finado en Ciudad Rodrigo en 1492, foi un relixioso galego da Orde dos Mercedarios. É coñecido como Diego de Muros I para distinguilo de dous sobriños seus do mesmo nome.

Traxectoria Interveu, xunto a Pedro González de Mendoza, a favor de Isabel a Católica na súa loita sucesoria conta Xoana de Castela. O 12 de xuño de 1472, consagrado como bispo, pasou a ocupar a sé da diocese de Tui, desde onde defendeu mesmo mediante coas armas os intereses dos Reis Católicos fronte á nobreza galega. Tamén tomou as armas contra os portugueses. Tivo fortes enfrontamentos con Pedro Madruga, quen, tras queimar a súa casa en Baiona, o tivo preso no castelo de Fornelos, o castelo de Vimianzo e o castelo de Monterreal.

O 1 de xuño de 1487 trasladouse a Castela á sé de Ciudad Rodrigo, onde finou cinco anos máis tarde.

Bispo de Tui A súa actividade como bispo de Tui é relativamente ben coñecida, posto que se conservan algúns documentos orixinais emitidos durante o seu mandato, como as Constitucións do Sínodo de Tui. Nese documento apréciase o empeño do bispo por reformar os costumes do Cabido. A moralidade e formación dos cóengos relaxárase moito nos anos centrais do século, aproveitando a inestabilidade no goberno da sede e a convulsión social que rodeou ao conflito das Irmandades.

Así mesmo, consérvanse tamén unhas ordenanzas do Concello de Tui, ditadas polo bispo en 1484. O Concello existía xa con anterioridade, polo que as ordenanzas deben entenderse como unha tentativa de asentar o poder do Cabido sobre o Concello e de regular as súas competencencias e órganos de goberno. Entre as medidas recollidas nesas ordenanzas está a da renovación dos cargos do concello, á cal se procedía o 1 de xaneiro.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Mercedarios de España Categoría:Finados en 1492 Categoría:Nados en Muros Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos