O Tour de Francia 2006 foi a 93ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O percorrido de 3657 quilómetros comezou o 1 de xullo na cidade alsaciana de Estrasburgo, e rematou o 23 de xullo nos Campos Elisios de París, pasando por un total de seis estados diferentes: Francia, Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo, Alemaña e España.
Participantes Despois de ter gañado 7 edicións seguidas do Tour, en 2006 Lance Armstrong estaba retirado do ciclismo, de xeito que tódolos seus rivais tiñan como obxectivo acadar o seu trono. Non obstante, nas semanas previas á carreira, coñeceuse a existencia dunha operación antidopaxe denominada Operación Puerto na que se viron implicados varios ciclistas. Jan Ullrich e Ivan Basso foron afastados dos seus equipos, mentres que o equipo de Alexander Vinocurov (o Astana) foi afastado das competicións oficiais. Deste xeito, a carreira estivo mais aberta a novos gañadores, e sen favoritos claros. Entre os candidatos á vitoria que participaron no Tour 2006 cabía salientar a Denis Menchov, Cadel Evans, Andreas Kloden, Levi Leipheimer, Damiano Cunego, Floyd Landis, Alejandro Valverde, Gilberto Simoni, Christophe Moreau, George Hincapie, Carlos Sastre, Michael Rasmussen, David Zabriskie, Iban Mayo, Haimar Zubeldia, Bradley Wiggins e Danilo di Luca.
O único representante galego na carreira foi Óscar Pereiro, que viña de rematar entre os 10 primeiros da clasificación xeral nas últimas 2 edicións do Tour.
En total participaron 20 equipos e un total de 176 corredores, é dicir, 9 corredores por equipo, coa escepción do T-Mobile que só levou a 7 ciclistas.
Transcorrer da competición 250px|dereita Despois dunhas primeiras etapas con chegadas ao sprint, a clasificación xeral estaba dominada por corredores especializados en etapas dun día. Robbie McEwen gañara 3 das 6 primeiras chegadas, e Tom Boonen levaba o maillot amarelo. Na sétima etapa houbo unha contra o reloxo individual de 52 quilómetros da que saíu como líder o ucraíno Serhiy Honchar, cunha vantaxe abondo para chegar de amarelo ás etapas dos Pireneos. Na segunda etapa de alta montaña, que rematou en Pla de Beret, gañou Denis Menchov, pero púxose de líder Floyd Landis. O norteamericano levou o xersei amarelo durante dous días, xa que na etapa 13 houbo unha importante fuxida de corredores que chegaron con 30 minutos de vantaxe, entre os cales estaba Óscar Pereiro, que colleu o liderado da proba. Floyd Landis recuperou o primeiro posto da táboa na etapa 15, con final en Alpe d'Huez, aínda que só con 10 segundos de vantaxe sobre o galego. Landis sufriu moito ó día seguinte nos portos de Galibier e Croix de Fer, perdendo 10 minutos. Malia que Landis parecía estar fora da loita pola vitoria, atacou na seguinte etapa, tamén de montaña, recuperando case toda a diferenza do día anterior, e poñéndose terceiro a só 30 segundos de Pereiro, líder, e tamén por detrás de Carlos Sastre, segundo. Entón chegou a contra o reloxo do penúltimo día, e nela Landis era moi superior ós dous ciclistas españois, como así demostrou. Deste xeito, a París chegaron Floyd Landis como líder, Óscar Pereiro como segundo, Andreas Kloden como terceiro e Carlos Sastre como cuarto.
Positivo de Landis Tres días despois da finalización do Tour, o 26 de xullo, a UCI realizou un comunicado no cal anunciábase que un ciclista puidera ter dado positivoLa UCI anuncia un posible positivo en el Tour, elmundo.es . nun control antidopaxe. Ao día seguinte, o equipo ciclista Phonak informouFloyd Landis deu positivo no Tour de Francia, elmundo.es . que o estadounidense Floyd Landis, vencedor do Tour, dera positivo por testosterona no control antidopaxe da etapa 17.
O 5 de agosto confirmouse o positivoLandis: confirman dopaje positivo, BBC Mundo . do ciclista estadounidense trala realización da contraanálise, o que significou a súa expulsión do equipo ciclista Phonak. A falta da confirmación oficial, que tardou varios meses, o galego Óscar Pereiro convertíase no virtual gañador do Tour de Francia. Finalmente, o 15 de outubro os organizadores do Tour de Francia desplazáronse a Madrid e entregáronlle a Pereiro o maillot amarelo e o trofeo de gañador do Tour na sede do Consello Superior de Deportes.
Etapas Na seguinte táboa amósanse os gañadores e líderes da carreira etapa por etapa. Nela aparecen os resultados de Floyd Landis posteriores á 17ª etapa que foron eliminados, dándose a vitoria ós segundos clasificados: 100px|miniatura|dereita|Floyd Landis. Etapa Data Percorrido km Gañador Líder Prólogo 1 de xullo Estrasburgo16px 7 (CRI) Thor Hushovd Thor Hushovd 1ª 2 de xullo Estrasburgo-Estrasburgo 183 Jimmy Casper George Hincapie 2ª 3 de xullo Obernai- Esch-sur-Alzette 223 Robbie McEwen Thor Hushovd 3ª 4 de xullo Esch-sur-Alzette- Valkenburg 16px|Etapa de media montaña 216 Matthias Kessler Tom Boonen 4ª 5 de xullo Huy-San Quintín 215 Robbie McEwen Tom Boonen 5ª 6 de xullo Beauvais-Caen 219 Óscar Freire Tom Boonen 6ª 7 de xullo Lisieux-Vitré 184 Robbie McEwen Tom Boonen 7ª 8 de xullo Saint-Grégoire-Rennes 16px 52 (CRI) Serhiy Honchar Serhiy Honchar 8ª 9 de xullo Saint Méen le Grand-Lorient 177 Sylvain Calzati Serhiy Honchar 9ª 11 de xullo Bordeos-Dax 170 Óscar Freire Serhiy Honchar 10ª 12 de xullo Cambo les Bains-Pau 16px|Etapa de montaña 193 Juan Miguel Mercado Cyril Dessel 11ª 13 de xullo Tarbes- Pla de Beret 16px|Etapa de montaña 208 Denis Menchov Floyd Landis 12ª 14 de xullo Luchon-Carcasona 211 Yaroslav Popovych Floyd Landis 13ª 15 de xullo Béziers-Montélimar 231 Jens Voigt Óscar Pereiro 14ª 16 de xullo Montélimar-Gap 181 Pierrick Fédrigo Óscar Pereiro 15ª 18 de xullo Gap-Alpe d'Huez 16px|Etapa de montaña 187 Frank Schleck Floyd Landis 16ª 19 de xullo Le Bourg d'Oisans-La Toussuire 16px|Etapa de montaña 182 Michael Rasmussen Óscar Pereiro 17ª 20 de xullo Saint Jean de Maurienne-Morzine 16px|Etapa de montaña 199 F.Landis Carlos Sastre Óscar Pereiro 18ª 21 de xullo Morzine-Mâcon 193 Matteo Tosatto Óscar Pereiro 19ª 22 de xullo Le Creusot-Montceau les Mines16px 56 (CRI) Serhiy Honchar F.Landis Óscar Pereiro 20ª 23 de xullo Antony-París 152 Thor Hushovd F.Landis Óscar Pereiro
Clasificación final Trala descualificación de Floyd Landis por dopaxe, a UCI declarou oficialmente gañador da carreira a Óscar Pereiro en setembro de 2007Confirmado, pero aún espera , quedando os 10 primeiros postos da clasificación xeral do Tour de Francia 2006 do seguinte xeito: miniatura|300px|Óscar Pereiro co maillot amarelo ó comezo da importante 17ª etapa, na que Floyd Landis daría positivo. PosiciónCiclistaEquipoTempo Desc. Floyd Landis Phonak 89h 39' 30″ 25px Óscar Pereiro Caisse d'Epargne 89h 40' 27" 2 Andreas Kloden T-Mobile + 32" 3 Carlos Sastre Team CSC + 2' 16" 4 Cadel Evans Davitamon-Lotto + 4' 11" 5 Denis Menchov Rabobank + 6' 09" 6 Cyril Dessel Ag2r Prévoyance + 7' 44″ 7 Christophe Moreau Ag2r Prévoyance + 8' 40″ 8 Haimar Zubeldia Euskaltel-Euskadi + 11' 08″ 9 Michael Rogers T-Mobile + 14' 10″ 10 Frank Schleck Team CSC + 16' 49″ O resultado final do Tour de Francia 2006 supuxo a primeira vitoria dun ciclista galego na historia da carreira máis importante do mundo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web do Tour de Francia 2006
Categoría:Tour de Francia Categoría:Ciclismo en 2006