Para obter información sobre a lúa de Xúpiter que tiña este mesmo nome entre os anos 1955 a 1975, véxase o artigo Ananke.
Adrastea (ou en grego Αδράστεια), tamén coñecida coma , é lúa máis pequena e a segunda lúa máis interior das catro lúas interiores de Xúpiter. Foi descuberta a partir de imaxes obtidas pola sonda Voyager 2 no ano 1979, facendo de Adrastea a primeira lúa descuberta grazas ás imaxes obtidas por unha sonda interplanetaria. Foi oficialmente bautizada co nome Adrastea que procede da mitoloxía grega, Adrastea era filla do deus Zeus (o equivalente na mitoloxía grega de Xúpiter). Adrastea é unha das tres lúas do Sistema Solar das que se sabe que tardan menos en completar unha órbita (ó redor do seu planeta) do que tarda o seu planeta en completar unha rotación (día). Orbita Xúpiter na beira exterior do anel principal de Xúpiter e semella que é a lúa que achega máis material ós aneis de Xúpiter. A pesar das observación feitas pola sonda Galileo nos anos 90, pouco se sabe das características físicas, excepto o seu tamaño e o feito de que a súa rotación é síncrona.
Descubrimento e observacións miniatura|300px|esquerda|Imaxe do descubrimento de Adrastea, tomada o 8 de xullo de 1979 pola sonda Voyager 2. Adrastea é o punto brillante no medio da foto. Adrastea foi descuberta por David C. Jewitt e G. Edward Danielson a partir de imaxes tomadas o 8 de xullo de 1979 pola sonda Voyager 2 e recibiu a designación provisional de . (descubrimento) Aínda que só se podía ver un simple punto brillante, foi a primeira lúa descuberta por unha sonda interplanetaria. Pouco despois deste descubrimento, outras dúas lúas interiores de Xúpiter (Tebe e Metis) foron vistas en imaxes tomadas poucas semanas antes pola Voyager 1. A sonda Galileo estaba capacitada para determina-la forma da lúa en 1998, pero as imaxes resultaron moi pobres. En 1983, Adrastea foi oficialmente bautizada co nome da ninfa Adrastea, filla de Zeus e da súa amante Ananke. (bautizando a lúa)
Características físicas Adrastea ten un forma irregular cunhas dimensións de 20 × 16 × 14 km, o cal fai dela a lúa máis pequena entre as catro lúas interiores de Xúpiter. A súa composición e masa son descoñecidas, pero asumindo que a súa densidade media é semellante a de Amaltea (~0,86 g/cm³), a súa masa pode ser estimada en ~2×1015 kg. A densidade de Adrastea implica que a lúa está composta de xeo de auga cunha porosidade do 10–15%, o caso de Metis podería ser semellante.
Non se coñecen os detalles da superficie de Adrastea, debido á baixa resolución da imaxes dispoñibles.
Órbita Adrastea é lúa máis pequena e a segunda lúa máis interior das catro lúas interiores de Xúpiter. Orbita Xúpiter a unha distancia duns 129.000 km (1,806 raios de Xúpiter) na beira exterior do anel principal de Xúpiter. Adrastea é unha das tres lúas do Sistema Solar das que se sabe que tardan menos en completar unha órbita (ó redor do seu planeta) do que tarda o seu planeta en completar unha rotación (día), as outra dúas son: a lúa de Xúpiter, Metis e a lúa de Marte, Fobos. Ten unha excentricidade orbital moi pequena (~0,0015) e tamén unha inclinación relativa ó ecuador de Xúpiter moi pequena (~0,03°).
Debido ó axustamento de mareas, Adrastea rota sincronicamente, amosándolle sempre a mesma cara a Xúpiter. Ó longo de grandes períodos de tempo, este axustamento provoca que Adrastea entre na configuración de menor enerxía, a cal correspondese co apuntamento do seu eixo máis grande cara Xúpiter.
A órbita de Adrastea está situada dentro do raio das órbitas sincrónicas de Xúpiter (do mesmo xeito ca Metis), e como resultado, as forzas gravitatorias están causando un paseniño descenso da súa altura orbital, polo que algún día a lúa impactará contra Xúpiter. Se a súa densidade é semellante a de Amaltea, entón xa podería estar dentro do límite de Roche. De calquera xeito, de momento non asemella que a lúa se estea esnaquizando, polo cal debe, polo momento, estar fóra do implacable límite de Roche.
Relación cos aneis de Xúpiter Adrastea é a lúa que máis material achega ós aneis de Xúpiter. O material destes aneis é achegado case exclusivamente polas superficies das catro lúas interiores de Xúpiter, a través dos impactos de meteoritos que reciben as superficies destas catro lúas. Este material desprendese facilmente das superficies das lúas interiores, xa que estas estás superficies están moi próximas ó límite das súas esferas de Roche, debido as súas baixas densidades.
Semella que Adrastea é a lúa que achega máis material ós aneis, como evidencia que o anel máis denso estea situado dentro da órbita de Adrastea. Para ser máis precisos, a órbita de Adrastea descansa na beira exterior do principal anel de Xúpiter. A extensión de material visible depende do ángulo de fase das imaxes: baixo luz dispersa, Adrastea está totalmente fóra do anel principal, pero con luz moito máis directa (a cal amosa partículas moito máis grandes) aparece un estreito anel fóra da órbita de Adrastea.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Aneis de Xúpiter. Xúpiter.
Ligazóns externas Adrastea Profileby NASA's Solar System Exploration
Categoría:Lúas de Xúpiter