Parklife é o terceiro álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo Blur, editado o 25 de abril de 1994 a través do selo Food Records. Despois das decepcionantes vendas do seu anterior traballo, Modern Life Is Rubbish (1993), Parklife volveu poñer a Blur nunha boa posición no Reino Unido, axudado polos seus sinxelos: "Girls & Boys", "End of a Century", "Parklife" e "To the End".

Certificado catro veces platino no Reino Unido pola British Phonographic Industry (BPI), o álbum chegou a definir a emerxente escena britpop no ano seguinte ao seu lanzamento, xunto co Definitely Maybe dos seus futuros rivais Oasis. O britpop á súa vez formaría a columna vertebral do movemento máis amplo Cool Britannia. Parklife, polo tanto, acadou unha importancia cultural máis aló das súas considerables vendas e aclamación da crítica, consolidando o seu status como un referente na música rock británica.

En 2010, Parklife foi unha das dez portadas de álbums de artistas británicos conmemoradas nun selo postal do Reino Unido emitido polo Royal Mail. En 2015 Spin incluíu o álbum na súa lista dos 300 mellores álbums de 1985-2014. A revista Rolling Stone clasificou o álbum número 438 na súa lista de 2020 dos 500 mellores álbums de todos os tempos.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de Blur Categoría:Álbums musicais de 1994 Categoría:Álbums producidos por Stephen Street Categoría:Álbums de Food Records