A Voivodía da Silesia (en polaco Województwo Śląskie ou abreviadamente Śląsk) é un voivodato do sur da Polonia creada o 1 de xaneiro de 1999, mediante a fusión dos antiga provincias de Katowice, Częstochowa e Bielsko-Biała. Xeograficamente a meirande parte do seu territorio coincide coa rexión histórica da Alta Silesia (Górny Śląsk), da que toma o seu nome.

Xeografía O voivodato de Silesia ten fronteira coas repúblicas checa e eslovaca polo sur, e limita cos voivodatos de Opole (ao oeste), Łódź (polo norte), Świętokrzyskie (ao nor-leste) e a Baixa Polonia (polo leste).

A rexión inclúa as terras altas da Silesia (Wyżyna Śląska) e as terras altas de Krakowsko-Częstochowska (Jura Krakowsko-Częstochowska), limitando ao sur cos montes Besquides (Beskid Śląski e Beskid Żywiecki).

A rexión administrativa correspóndese só parcialmente coa Silesia histórica, hoxe dividida entre a República Checa, Alemaña e as voivodías polacas de Opole e a Baixa Silesia. Doutra banda, o voivodato inclúe terras coma Częstochowa, Zawiercie, Myszków, Jaworzno, Sosnowiec, Żywiec, Dąbrowa Górnicza, Będzin e parte de Bielsko-Biała, que historicamente foran parte da Pequena Polonia).

Poboación O voivodato conta coa maior densidade de poboación da Polonia, 379 persoa por quilómetro cadrado, (a media nacional é de 124), e sendo unha rexión moi industrializada arredor do 78% dos seus habitantes viven en cidades e vilas.

Cidades e vilas No voivodato están doce das 40 cidades máis populosas da Polonia. A maiores outras 7 vilas teñen o status legal de distrito urbano, e existen outras 52 que non acadan esa consideración.Instituto de estatística da Polonia

División administrativa O Voivodato da Slesia está dividido en 36 distritos (Powiat en polaco), 19 rurais e 17 urbanos. Existen distritos que levan o nome destas cidades pero sen comprehendelas na súa xurisdición administrativa. Estes distritos están divididos á súa vez en 167 circunscricións (gmina).

A continuación a lista de powiat en orde de poboación decrecente:

NomeSuperficie (km²)Poboación (2006)CapitalOutras vilasTotal gminasDistritos urbanos Katowice165315,9961 Częstochowa160246,1291 Sosnowiec91225,2021 Gliwice134199,0991 Zabrze80190,6101 Bytom69187,2051 Bielsko-Biała125176,6781 Ruda Śląska78145,9291 Rybnik148141,3821 Tychy82130,8421 Dąbrowa Górnicza188129,7531 Chorzów33114,4341 Jaworzno15296,0511 Jastrzębie-Zdrój8595,1491 Mysłowice6674,9881 Siemianowice Śląskie2572,4511 Żory6562,6251 Piekary Śląskie4059,4941 Świętochłowice1355,1721Distritos ruraisPowiat Cieszyński 730171,029CieszynUstroń, Skoczów, Wisła, Strumień12Powiat Wodzisławski 287155,228Wodzisław ŚląskiRydułtowy, Radlin, Pszów9Powiat Będziński 368151,122BędzinCzeladź, Wojkowice, Sławków, Siewierz8Powiat Bielski 457150,764Bielsko-Biała *Czechowice-Dziedzice, Szczyrk, Wilamowice10Powiat Żywiecki 1,040149,492Żywiec15Powiat Tarnogórski 643137,979Tarnowskie GóryRadzionków, Kalety, Miasteczko Śląskie9Powiat Częstochowski 1,519133,553Częstochowa *Blachownia, Koniecpol16Powiat Zawierciański 1,003124,127ZawierciePoręba, Łazy, Ogrodzieniec, Szczekociny, Pilica10Powiat Gliwicki 663114,963Gliwice *Knurów, Pyskowice, Toszek, Sośnicowice8Powiat Raciborski 544111,505RacibórzKuźnia Raciborska, Krzanowice8Powiat Pszczyński 473104,638Pszczyna6Powiat Mikołowski 23291,022MikołówŁaziska Górne, Orzesze5Powiat Kłobucki 88984,730KłobuckKrzepice9Powiat Lubliniecki 82276,628LubliniecWoźniki8Powiat Rybnicki 22573,527Rybnik *Czerwionka-Leszczyny5Powiat Myszkowski 47971,619MyszkówŻarki, Koziegłowy5Powiat Bieruńsko-lędziński 15755,868BieruńLędziny, Imielin5* A cidade que lle dá nome non pertence ao distrito, xa que logo constitúe un "powiat" urbano.

Economía Silesia é unha rexión eminentemente industrial, destacando a minería: carbón, chumbo, cinc, ferro e mineráis industriais explótanse na zona. Asociadas a estas explotacións xurdiron empresas metalúrxicas (a maior da Polonia "Huta Katowice" está en Dąbrowa Górnicza), enerxéticas, químicas e de materias de construción, e posteriormente, tamén outras de automoción e téxtil. Hoxe destacan polo seu tamaño dúas compañías de sutomoción: Fiat Auto-Poland S.A. en Bielsko-Biała e a GM Opel de Gliwice.

A industrialización da Silesia, unida á chegada de empresas do exterior, fan da rexión unha das máis ricas da Polonia, cun salaro medio de 3.800 złotychs/mes.

Transporte Hai na rexión un aeroporto internacional Katowice International Airport (en Tarnowskie Góry). A rede de estradas de ferro é a máis espesa do país. Existe tamén unha autoestrada (Autostrada A4) que comunica Katowice con Wrocław, Łódź e Cracovia e que é parte da rota europea E40 (Calais - Dresden - Cracovia - Kíiv - Astrakán. A rota E75 (Escandinavia - Grecia) tamén cruza a rexión, mais non coma autoestrada.

A Linia Hutnicza Szerokotorowa (LHS, ou liña metalúrxica bitola larga) é unha liña ferroviaria de ancho 1 520 mm (bitola soviética), que une Polonia e Ucraína. Ten 400 km, partindo de Sławków (na Silesia) até Hrubieszów (na fronteira).

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do Goberno da Silesia Województwo Śląskie Web oficial da Silesia Parlamento de Silesia Oficina rexional da Silesia en Bruxelas Oficina de Turismo rexional Parques, xardíns e zonas protexidas Aeroporto Internacional de Katowice

Baixa Silesia Categoría:Silesia