Sun Tzu ou Sunzi (chinés tradicional: 孫子; chinés simplificado: 孙子; pinyin: Sūnzǐ; Wade-Giles: Sun1 Tzu3) foi un escritor chinés, autor d'A arte da guerra, famoso libro sobre tácticas militares. Foi tamén un dos primeiros realistas das ciencias políticas.
Traxectoria A única fonte que sobreviviu até os nosos días sobre a vida de Sun Tzu escribiuna no século II a.C. o historiador Sima Qian, que o describe como un xeneral que viviu no estado de Wu no século VI a.C.. Porén a biografía non é coherente con outras fontes sobre o período, e todo leva a crer que o libro debeu ser escrito entre 400 a.C. e 320 a.C..
Moitos investigadores e historiadores negan a existencia histórica de Sun Tzu, como negan a de Homero, Pitágoras, Laozi ou o propio Xesús Cristo.
Non existe unha biografía linear de Sun Tzu, con inicio, medio e fin. O que existe son concisas narracións dalgúns feitos da súa vida.
Traducións
Sun Zi (2012). A arte da guerra. Tradución mediada ao galego de Xulio Ríos. Teófilo Comunicación.
Véxase tamén
Outros artigos A arte da guerra. Ligazóns externas 孫子 (La literatura china traducida en España) The Art of War, por Sun Tzu
Categoría:Escritores da China Categoría:Nados no século -VI Categoría:Finados no século -V Categoría:Militares da China