O centro penal da Lama é unha prisión situada no concello da Lama. En 2010 o seu director era José Antonio Gómez Novoa.
É un dos cinco centros penais que funcionan en Galicia xunto co CP de Bonxe (Outeiro de Rei), CP de Monterroso, o CP do Pereiro de Aguiar (O Pereiro de Aguiar), e o CP de Teixeiro (Curtis).
Historia e características
Foi inaugurado o 26 de xuño de 1998.25 anos da prisión de A Lama A súa construción, no lugar de Racelo, xunto a Ponte Verdugo, a 2 km do núcleo da Lama, deseñada por Francisco María Martín Carrero, foi levada a cabo pola UTE das construtoras San José e Abengoa, cun custo de 7 575 millóns de pesetas. O recinto abrangue 361 430 m², dos cales 86 081 son edificacións.
Ten capacidade total para 1 211 persoas (1 008 internas, 86 no módulo de ingresos, saídas e tránsitos, 81 na enfermería e 36 no módulo de illamento), pero ten unha ocupación real duns 1 800 presos e presas.
No centro está o Centro Público de Educación e Promoción de Adultos (EPAPU) Nelson Mandela,"La Nelson Mandela también homenajea a Madiba", La Voz de Galicia, 7 de decembro de 2013 . da que é director Juan Carlos Vilar Pérez."Dar clase en el hospital o 'entre rejas'", La Opinión de A Coruña, 26 de decembro de 2017
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cárcere da Parda
Ligazóns externas El blog de la cárcel (2006-2012), realizado por internos do módulo 6 . "A radio do módulo 8" (2009-2010), proxecto de radio local levado a cabo por internos do módulo 8.
Categoría:A Lama Lama