A Eurocopa da UEFA de 2012 (en polaco: Mistrzostwa Europy w Piłce Nożnej 2012, en ucraíno: Чемпіонат Європи з футболу 2012) foi a décimo cuarta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo foi celebrada de forma conxunta por Polonia e Ucraína dende o 8 de xuño ao 1 de xullo de 2012. Na fase final participaron dezaseis equipos, senda esta a último ocasión na que sucedeu, xa que na seguinte edición en 2016 os finalistas son vinte e catro.
A decisión de outorgar a sede aos dous países eslavos foi anunciada polo presidente da UEFA, Michel Platini, o 18 de abril de 2007, superando as outras candidaturas finalistas: a conxunta entre Croacia e Hungría e a de Italia, dun total de oito candidaturas orixinais. Foi a primeira Eurocopa organizada en Europa do Leste dende a edición de 1976 na antiga Iugoslavia, e tamén a primeira da historia que foi albergada por dous países con diferentes fusos horarios. O campionato foi gañado pola selección de fútbol de España, que bateu na final a por catro goles a cero, a maior goleada nunha final desta competición, conseguindo así o seu terceiro título continental.
Antecedentes Elección da sede miniatura|left|Reloxo amosando o tempo restante para o comezo da competición. Polonia e Ucraína postularon ser sedes antes do 1 de febreiro de 2005 xunto a outras sete candidaturas: Azerbaidján, Croacia xunto a Hungría, Grecia, Italia, Romanía, Rusia e Turquía. Francia, que avaliara unha candidatura, finalmente non a presentou para evitar problemas coa candidatura de París aos Xogos Olímpicos de 2012. O 22 de xullo dese ano, a UEFA descartou as candidaturas azerí, romanesa e rusa. As candidatas restantes presentaron os seus detalles a través de diversos informes á UEFA, a cal en base a elas tomou a decisión de reducir o proceso a só tres candidaturas. O 8 de novembro de 2005, Grecia e Turquía foron excluídas.
A candidatura de Polonia e Ucraína enfrontaba diversos problemas, xa que ningún dos dous países organizara antes un evento importante de fútbol nin ningún tampouco algún evento deportivo internacional como países aliados. Con todo, o 85,4% dos ucraínos e o 66,8% dos polacos apoiaban a candidatura das súas nacións ao momento da elección.
miniatura|As cabuxas, símbolos de Poznań, con motivos da Eurocopa. A falta de infraestrutura necesaria para o desenvolvemento do torneo foi un dos principais problemas que enfrontou a candidatura. Exemplo diso foi que os delegados da UEFA manifestaron publicamente a súa preocupación polo mal estado da estrada entre Gdansk e Lviv, e que catro dos estadios principais aínda se mantiñan como proxectos a comezos de 2007. A isto sumouse unha grave crise no fútbol polaco trala detención de sesenta árbitros por corrupción e a cancelación dun torneo por parte do Ministro de Deportes. A intervención da política en temas deportivos foi fortemente sancionada por parte da FIFA e a Asociación Polaca de Fútbol arriscouse mesmo á suspensión dos seus encontros internacionais.
A pesar diso, Polonia-Ucraína foi elixida o 18 de abril de 2007Polonia e Ucraína organizarán xuntos a Eurocopa de fútbol de 2012 pola UEFA na reunión realizada na cidade galesa de Cardiff, converténdose na terceira ocasión en que o torneo é organizado por dous países -trala Eurocopa 2000 realizada en Bélxica e os Países Baixos e a Eurocopa 2008 organizada por Austria e Suíza- e a primeira de cada un dos devanditos países. Descartábase así ás outras dúas candidaturas finalistas, tras unha votación resolta por maioría absoluta. Os gañadores obtiveron oito votos, Italia, que era a gran favorita só obtivo catro votos, e a outra candidatura conxunta formada por Croacia e Hungría non conseguiu ningún apoio.
Atrasos na construción En xaneiro de 2008, o presidente da UEFA Michel Platini fixo un chamamento aos organizadores en relación coa posta a piques dos estadios da Eurocopa. Mesmo se chegou a propor Escocia como organizador da Eurocopa 2012 no caso de que Ucraína e Polonia non cumprisen cos prazos de construción e mellora das súas infraestruturas, o cal foi confirmado máis tarde pola Asociación Escocesa de Fútbol. Con todo, en xuño de 2008 a UEFA asegurou que non había "ningún plan B en termos de novos países" organizadores. En xullo de 2011, a un ano da celebración do torneo, a UEFA organizou unha visita de inspección polas sedes da Eurocopa encabezada polo vicepresidente Gianni Infantino. Tras os avisos anteriores, as autoridades políticas de cada país lograron avanzar na construción e mellora dos estadios. Os máis atrasados, o Estadio Olímpico de Kíiv e o Estadio de Lviv, foron inaugurados en outubro dese mesmo ano (o 8 e o 29 de outubro respectivamente).
Organización
A desconfianza ante a elección de Polonia e Ucraína como sedes da Eurocopa 2012 pareceron ter sustento co lento avance das obras de construción dos estadios que albergarán o evento. A finais de xaneiro de 2008, o presidente da UEFA Michel Platini, advertiu aos organizadores dos posibles problemas, e mesmo xurdiron rumores respecto de que Escocia, Alemaña ou Hungría poderían asumir a organización no caso de que Polonia e Ucraína non puidesen completalas. A Primeira Ministra de Ucraína, Iulia Timoshenko, saíu a apoiar ao seu país, anunciando que confiaba en que os proxectos estarían listos ao seu debido tempo. Con todo, ps membros do comité organizador dubidaban de que a renovación do Estadio Olímpico de Kíiv estivese a tempo.
Aínda que a UEFA mencionou en xuño de 2008 que non existían plans para realizar a Eurocopa 2012 fóra dos dous países eslavos, Platini decidiu avaliar a situación no Congreso Executivo da UEFA en outubro. Días antes de dita reunión, o goberno polaco suspendeu as actividades da Asociación Polaca de Fútbol (PZPN) e colocou a un administrador interino, ante o cal a UEFA anunciou que dita intromisión podía provocar a suspensión da súa afiliación á FIFA e automaticamente o dereito de organización do evento.
Aínda que finalmente a situación resolveuse, os efectos da crise económica de 2008 puxeron novamente en cuestión a capacidade da organización de finalmente completar a infraestrutura necesaria, incluso xerando dúbidas por parte de Evhen Chervonenko, director do comité organizador ucraíno, quen mencionou que aínda que os estadios e aeroportos estarían en condicións, a falta de liquidez conxelou a construción do 80% dos hoteis necesarios para organizar o torneo. O ministro ucraíno de transportes renunciou ao seu cargo polo pouco apoio do estado á realización da Eurocopa no seu país. En abril de 2010, Platini deu un ultimato de dous meses a Ucraína para que ofreza garantías de que terminará a tempo os seus preparativos de infraestruturas e estadios para a Eurocopa.
Sedes Varsovia Poznań Gdańsk Wrocław Stadion NarodowyCapacidade: 58.145 Estadio MunicipalCapacidade: 41.609 PGE ArenaCapacidade: 42.105 Estadio MunicipalCapacidade: 42.771 180px|link= 180px|link= 180px|link= 180px|link= 350px|link= Kíiv Khárkiv Donetsk Lviv Estadio OlímpicoCapacidade:69.055 Estadio MetalistCapacidade: 35.721 Donbass ArenaCapacidade: 50.055 Arena LvivCapacidade: 34.915 180px 180px 180px|link=
Cada estadio seleccionado albergou tres partidos da fase de grupos, mentres que Varsovia e Kíiv contaron co partido de inauguración e a final, respectivamente. Ambas cidades serán ademais sedes das semifinais e de dous partidos de cuartos de final, con Gdansk e Donetsk como cidades organizadoras dos partidos restantes. A assitencia final total foi de 1 440 896 espectadores, o que fai unha media de 46.481 por partido.
As entradas para a UEFA EURO 2012 puxéronse á venda na primavera de 2011. Houbo entradas para un só partido así como paquetes para cada unha das 16 seleccións participantes. Ademais, puxéronse á venda localidades para persoas con problemas de visión ou que utilicen cadeira de rodas. Os seguintes estadios tamén foron considerados, mais finalmente non foron escollidos pola reunión da UEFA o 13 de maio de 2009.
CidadePoboaciónEstadioCapacidadee Chorzów113.162Stadion Śląski 60.000 Cracovia756.267Stadion Miejski 35.000 Dnipropetrovsk1 002 950Dnipro Arena31.000 Odesa1 006 242Estadio Chornomorets 34.362
Centros de formación Os centros de formación de cada equipo, é dicir, o seu centro de aloxamento e adestramento, son o destino inicial para tódolos equipos á súa chegada a Polonia e Ucraína, dende onde viaxarán aos respectivos estadios nos que se celeabrará o torneo. As localizacións foron elixidas a partir dunha lista inicial de trinta e oito puntos posibles, vinte e un en Polonia e dezasete en Ucraína. A partir desa listaxe inicial cada unha das dezaseis federación clasificadas elixiu o seu lugar en 2011, finalmente trece polacos e tres ucraínos:
miniatura|dereita|350px|Mapa da representación dos centros de formación miniatura|260px|Catro equipos hospedaranse en Varsovia, capital de Polonia, e arredores.
SelecciónCidadeGdańskWarkaKołobrzegGniewinoJachrankaCracoviaSopotCracoviaCracoviaVarsoviaOpalenicaWrocławVarsoviaDonetskKoncha-ZaspaKíiv
Árbitros A UEFA convocou a doce árbitros pertencentes a países membros para a súa desempeño durante esta Eurocopa. A cada un a organización designou dous asistentes da mesma federación para así asegurar que o trío de árbitros teña coñecemento e experiencia entre eles. A maioría dos xuíces tiveron experiencia en torneos como a Liga de Campións da UEFA, e mesmo algúns participaron no Mundial de Fútbol Suráfrica 2010, como é o caso do inglés Howard Webb quen arbitrou a final.
Federación Árbitro Asistentes Wolfgang Stark Jan-Hendrik Salver Mike Pickel Craig Alexander Thomson Alasdair Ross Derek Rose Damir Skomina Primoz Arhar Marko Stancin Carlos Velasco Carballo Roberto Alonso Fernández Juan Carlos Yuste Jiménez Stéphane Lannoy Eric Dansault Frédéric Cano Howard Webb Michael Mullarkey Peter Kirkup Nicola Rizzoli Renato Faverani Andrea Stefani Viktor Kassai Gabor Eros György Ring Pedro Proença Bertino Cunha Miranda Ricardo Jorge Ferreira Santos Bjorn Kuipers Sander Van Roekel Erwin Zeinstra Jonas Eriksson Stefan Wittberg Mathias klasenius Cüneyt Çakır Bahattin Duran Tarık Ongun
Símbolos miniatura|200px|Slavek e Slavko. Slavek e Slavko Slavek e Slavko son os nomes das mascotas oficiais do campionato. Son dous xemelgos cun peiteado estilo punk coas cores de Polonia, a branca e a vermella, e da Ucraína, a azul e a amarela. No peito levan os números 20 e 12, polo ano no que se celebrará o torneo. A imaxe das mascotas foi presentada ao público o 16 de novembro de 2010, xusto o mesmo día que se abriu unha votación online para elixir o nome. Os resultados da votación foron:
Slavek e Slavko (56% dos votos) Siemko e Strimko (29% dos votos) Klemek e Ladko (15% dos votos)
Tango 12 O "Adidas Tango 12" é o balón oficial da Eurocopa. Foi presentado o 2 de decembro durante os sorteo dos grupos do campionato en Kíiv. O Tango 12, supón a cuarta encarnación da icónica serie de balóns Tango, o cal foi o balón oficial do Mundial da Arxentina 1978. O seu deseño é clásico, con debuxos representando as bandeiras de Polonia e de Ucraína.
Logo e lema O logotipo oficial para o torneo foi presentado nun evento especial na Praza de Mykhailivska, Kíiv, o 14 de decembro de 2009. O seu deseño está baseado no Wycinanki, unha arte tradicional de cortado de papel en Polonia e zonas rurais de Ucraína. Esa forma artística do logo simboliza a natureza das áreas rurais de ambos países. Como parte do evento, os edificios máis emblemáticos das oito cidades sede ilumináronse co logo do torneo.
O lema da competición, "Creando historia xuntos" (en polaco: Razem tworzymy przyszłość, en ucraíno: Творимо історію разом, Tvorymo istoriyu razom), foi anunciado xunto co logotipo. O lema reflicte o feito de que Polonia e Ucraína representan os países organizadores máis orientais da historia da Eurocopa.
Clasificación