Rindfleischetikettierungsüberwachungsaufgabenübertragungsgesetz (abreviado como RflEttÜAÜG) foi a palabra alemá máis longa, composta por 63 caracteres, dende 1999 ata o 2013.
Historia O Landtag de Mecklemburgo-Antepomerania debateu en 1999 un proxecto de lei titulado Rinderkennzeichnungs - und Rindfleischetikettierungsüberwachungsaufgabenübertragungsgesetz, é dicir, lei sobre a transferencia das obrigas de vixilancia na etiquetaxe da carne de vacún e mais a designación dos bovinos. É pois a palabra alemá oficial con maior número de caracteres, malia non figurar nos dicionarios de uso cotián.
Referencias
Véxase tamén Outros artigos Wikipedia:Artigos insólitos
Categoría:Patafísica Categoría:Lingua alemá