Yngwie Malmsteen, nado coma Lars Johan Yngve Lannerbäck o 30 de xuño de 1963 en Estocolmo, é un guitarrista e compositor sueco residente en California. Atribúeselle a maior influencia na creación do subxénero coñecido como metal neoclásico e é un dos grandes expoñentes da técnica shredding na guitarra eléctrica durante a década dos 80.

Historia Segundo el, todo comezou escoitando a Jimi Hendrix pola radio, ademais de a Ritchie Blackmore (de quen se declara fan abertamente) cando era neno.

Debutou en 1980 con Alcatraz. Ó pouco tempo separouse do grupo para levar a cabo o seu propio proxecto, que chamou Rising Force. As influencias barrocas de Vivaldi ou Bach, e os virtuosismos de Paganini configuraron un estilo moi particular que foi moi decisivo para a aparición do Metal Neo-Clásico.

Achegas técnicas A música, en particular o Metal débelle, entre outras achegas, o desenvolvemento de técnicas coma o Sweep Picking, o Contrapúa de alta velocidade, ademais do uso masivo de ostinatos, técnicas das cales foi un dos pioneiros e maiores expoñentes, na década dos 80.

Discografía Rising Force (1984). Marching Out (1985). Trilogy (1986). Odyssy (1988). Trial By Fire / Live in Leningrad (1989).

Categoría:Guitarristas de Suecia Categoría:Músicos de Suecia Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Nados en 1963