A tempada 1933/34 da Primeira división española foi a sexta edición do torneo. Celebrouse entre o 5 de novembro de 1933 e o 4 de marzo de 1934. O Athletic Club conquistou o seu terceiro título de liga e confirmouse como o equipo máis laureado na curta historia do torneo.
Tomaron parte na competición dez clubs. Nesta tempada debutou o Oviedo FC. Ningún equipo galego disputou a categoría.
A ampliación a doce equipos Na asemblea da Federación Española, celebrada antes de iniciarse o campionato, expúxose a ampliación da Primeira División a catorce clubs na tempada 1934/35. Os catro novos equipos debían saír de Segunda División, baseándose na clasificación final desta tempada máis a aplicación dun coeficiente en función das clasificacións dos cinco últimos anos -desde a creación a liga- o que daba o ascenso ao Athletic de Madrid, Sevilla FC, Murcia FC e Unión de Irún. A proposta tamén obrigaba ao último clasificado de Primeira División desta tempada, o Arenas de Getxo, a disputar a súa praza nunha liguiña de promoción co quinto clasificado de Segunda, o Sporting de Gijón, e os dous campións de Terceira, o Valladolid Deportivo e o Elche FC.
A pesar das discrepancias de varios clubs, o relatorio para a ampliación a catorce equipos foi finalmente aceptada pola Federación o 17 de maio de 1934. Iso provocou a retirada dos tres equipos que debían disputar a promoción: Arenas, Valladolid e Elche. Para substituílos, a FEF designou como substitutos ao sexto e sétimo de Segunda, o Celta de Vigo e o Deportivo Alavés, xunto co terceiro clasificado de Terceira División, o Zaragoza. Tras a renuncia dos alaveses, foi o Celta o equipo que logrou unha praza en Primeira.
Con todo, nunha polémica asemblea celebrada o 20 de xullo, ao termo da tempada, os clubs acordaron finalmente que a ampliación fose a doce equipos e non a catorce. Acordouse tamén que o campión e o subcampión desta tempada en Segunda División, Sevilla FC e Athletic de Madrid, fosen os que ascendesen directamente a Primeira, rexeitando así os ascensos obtidos por Murcia FC e Unión de Irún. Para rematar, anulouse tamén a promoción gañada polo Celta de Vigo, mantendo o Arenas a súa praza en Primeira.
Clasificación final
PosEquipoXGEPGFGCDGPtos1Athletic Club de Bilbao181125612734242Madrid FC181026412912223Racing de Santander189183839-1194Betis Balompié189182936-7195Donostia FC187472933-4186Oviedo FC1882851456187Valencia FC187382838-10178CD Español187384142-1179FC Barcelona188010424021610Arenas de Getxo1834111118-910
Ascenso a Primeira División O Sevilla FC ascende a Primeira División tras resultar campión de Segunda División, xunto co Atlético de Madrid, que foi subcampión.
Resultados AreAthBarBetDonEspMadOviRacVal Arenas G.2-03-10-10-01-23-31-12-11-2 Athletic Bilbao9-06-15-02-15-05-16-23-16-2 FC Barcelona4-02-15-14-05-01-22-06-35-2 Betis B.2-01-31-01-13-12-14-22-12-1 Donostia CF4-13-02-03-23-30-33-12-13-1 CD Español6-21-43-23-14-02-25-25-02-2 Madrid FC2-13-04-00-12-03-25-11-03-2 Oviedo FC7-02-27-34-33-23-13-23-17-0 Racing Santander4-13-23-14-11-13-14-34-32-1 Valencia FC0-02-22-02-14-11-02-11-01-2
Premios individuais Máximos goleadores
Pos.XogadorEquipoGoles1º20px|Bandeira de España Isidro LángaraOviedo FC272º20px|Bandeira de España Francisco IriondoCD Español 183º20px|Bandeira de España Agustín Sauto, 'Bata'Athletic Club 1520px|Bandeira de España Guillermo Gorostiza Athletic Club 155º20px|Bandeira de España José Iraragorri Athletic Club 14
Porteiro menos goleado
Gregorio Blasco, do Athletic de Bilbao, encaixou 21 goles en 14 partidos, obtendo unha media de 1,5 goles por partido.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial da LFP, que inclúe resultados e alineacións Sitio oficial da Real Federación Española
Categoría:Fútbol en 1934 Categoría:Primeira división española