miniatura|275x275px|Hermann de Reichenau, á dereita, cun astrolabio Hermann de Reichenau (tamén chamado Hermannus contractus ou Hermannus Augiensis), nado en Altshausen, na actual Alemaña, o 18 de xullo de 1013 e finado na abadía bieita de Reichenau o 24 de setembro de 1054, foi un estudoso do século XI, compositor e teórico musical, matemático e astrónomo. Hermannus foi fillo do duque de Altshausen. Prexudicado por unha enfermidade que o deixou paralítico desde a infancia, pasou a maior parte da súa vida na abadía de Reichenau, unha illa no lago Constanza. Hermannus contribuíu ás catro artes do quadrivium. Era coñecido como compositor musical, mais tamén escribiu un tratado sobre a ciencia da música, varias obras sobre xeometría e aritmética e tratados astronómicos (incluíndo instrucións para a construción dun astrolabio).
Como historiador, escribiu unha crónica detallada dende o nacemento de Cristo ata o seu tempo, compilando por primeira vez os acontecementos do primeiro milenio despois de Cristo espallados en varias crónicas nun único traballo, ordenándoas despois do cómputo da era cristiá. O seu discípulo, Berthold, foi o seu continuador.
Foi beatificado en 1863.
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de Hermann de Reichenau
Categoría:Astrónomos de Alemaña Categoría:Matemáticos de Alemaña Categoría:Compositores Categoría:Musicólogos Categoría:Historiadores medievais Categoría:Nados en 1013 Categoría:Finados en 1054 Categoría:Beatos do catolicismo Categoría:Beneditinos de Alemaña Categoría:Nados en Baden-Württemberg