The Germs é unha banda de punk rock dos Ánxeles formada a finais dos anos 70 e activa orixinalmente de 1977 ata 1980. O seu sinxelo de 1977 "Forming/Sexboy (live)" é considerado a primeira gravación de punk rock dos Ánxeles. A súa primeira formación estaba composta polo vocalista Darby Crash, o guitarrista Pat Smear, a baixista Lorna Doom e o batería Don Bolles. Separouse despois do suicidio de Crash o 7 de decembro de 1980. de The Germs reformouse no ano 2005 con Shane West substituíndo a Darby Crash. A banda editou só un álbum, (GI) de 1979 (producido por Joan Jett) e apareceu no documental The Decline of Western Civilization que trata sobre o movemento punk dos Ánxeles.
Discografía Forming/Sexboy (directo) - 7", 1977 (What? Records) Lexicon Devil EP - 7" EP, 1978 (Slash Records) (GI) - LP, 1979 (Slash Records) The Decline of Western Civilization Soundtrack (temas en directo) - LP, 1980 (Slash Records) What We Do Is Secret - LP, 1981 (Slash Records) Live At The Whisky, First Show Ever - LP, 1981 (Mohawk/Bomp Records) Germicide - LP 1985 (ROIR) Germs (MIA) - The Complete Anthology - LP 1993 (Slash/Rhino Records)
Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais formados en 1977