miniatura|300px|Mapa da poboación mundial por países en millóns de habitantes. A continuación amósase unha lista de países e territorios dependentes por poboación, cuxa inclusión na lista está baseada no estándar ISO 3166-1. Non se reflicten as diferenzas de poboación nos países que non contan nos seus censos aos habitantes que non posúen a nacionalidade. Algúns países como Tailandia non reportan a poboación total, xa que contan exclusivamente os cidadáns nacionalizados.

Nesta lista inclúense os estados soberanos, os territorios dependentes e, nalgúns casos as nacións constituíntes de estados soberanos. Por exemplo, o Reino Unido considérase como un estado soberano cunha entidade única na lista, mentres que os estados soberanos do Reino dos Países Baixos atópanse separados.

Tamén se dá en porcentaxe a poboación de cada país en comparación coa poboación mundial, que as Nacións Unidas estimaba en 2022 en 7.954 millóns.

Países e dependencias por poboación Nota: Atribúeselles un rango numerado aos 193 estados membros das Nacións Unidas, máis os dous estados observadores da Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Os territorios dependentes e os países constituíntes que forman parte de estados soberanos teñen asignado un rango numerado entre parénteses. Ademais, inclúense os estados soberanos con recoñecemento limitado, pero asígnaselles un rango de número entre paréntese. Tódolos territorios dependentes se amosan en cursiva.