The Godz foi unha banda estadounidense de garage rock procedente de Nova York activa de 1966 ata 1973. A súa música vai dende o primeiro noise rock ata o rock de vangarda e o rock psicodélico.
Traxectoria The Godz comezou a súa carreira en 1966 no selo ESP-Disk. A súa primeira gravación, Contact High With The Godz, producida polo selo a finais de 1966, foi un intento de superar as limitacións e as normas aceptadas da música da época. En 1967 produciron a súa segunda gravación, Godz 2, aínda máis audaz e cuns ambientes sonoros máis experimentais, e que segundo a meirande parte da xente e a súa mellor obra. No seu terceiro traballo, The Third Testament, aparecido en 1968, o cuarteto converteuse nun trío e en 1973 gravaron o seu cuarto e derradeiro traballo, Godzundheit. Ese mesmo ano separáronse.
Jay Dillon morreu anos máis tarde e a principios do 2007 os membros superviventes, Jim McCarthy, Larry Kessler e Paul Thornton, reuníronse para realizar novas gravacións.
Discografía Álbum Ano Selo Contact High With The Godz 1966 ESP-Disk Godz 2 1967 ESP-Disk The Third Testament 1968 ESP-Disk Godzundheit 1973 ESP-Disk Gift from the Godz 2014 Manta Ray
Véxase tamén Ligazóns externas originalgodz.com MySpace de Paul Thorton MuSpace de Larry Kessler
Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais da cidade de Nova York Categoría:Grupos musicais formados en 1966