, tamén coñecido en Galiza como Dragón Z ou Bóla de Dragón Z, é unha serie de televisión de animación xaponesa de 291 capítulos de 25 minutos adaptada do manga de Akira Toriyama e producida polo estudio Tōei.

É a continuación do anime Dragon Ball. En Galiza emitiuse na década de 1990, dentro do programa infantil Xabarín Club da Televisión de Galicia. No 2005 reemitiuse na mesma canle, mais afirmou que sería a derradeira volta.

Argumento Dragón Ball Z comeza cinco anos máis tarde que Dragon Ball, despois de casaren Son Goku e mais Chichi. Raditz, un misterioso guerreiro do espazo, chega á Terra para atopa-lo seu irmán, Son Goku. Foi así como Son Goku se decatou que vén dun planeta de guerreiros do espazo que foi derruído e do que só ficaron catro superviventes.

Personaxes Para máis información sobre os personaxes ver o artigo Lista de personaxes de Dragon Ball Protagonistas Son Goku É o personaxe principal da serie e o loitador máis forte do universo. Malia ser inxenuo e bondadoso, é tamén un poderoso Saiyajin (Guerreiro do espazo) que case nunca entende da maldade dos outros. Ten unha grande predilección pola loita, coma tódolos guerreiros da súa raza, especialmente cando o seu adversario é máis forte. Casou con Chichi e teñen dous fillos: Son Gohanda e Son Goten. Son Gohanda É o primeiro fillo de Son Goku e mais Chichi. O seu nome ven polo avó adoptivo de Son Goku. Foi o primeiro cruzamento dun Saiyajin cun ser humano, o que resultou nun ser máis poderoso ca un Sayjajin normal. Salvou a Terra na loita contra Célula. Krilín É un humano e tamén o mellor amigo de Son Goku. De cativo, adestrou canda Son Goku co Mestre Mutenroi. En Dragon Ball Z, Krilín foi de grande axuda, enfrontouse ós Saiyajins, Freezer e moitos outros. Creou a técnica Kienzan e casou con C-18. Piccoro É un Namekiano moi poderoso de liñaxe guerreira. Inicialmente inimigo de Son Goku, mais ós poucos acabase aliando a el, pasando ata a adestralo seu fillo Son Gohanda, na fase seguinte, por quen comeza a ter un grande afecto. Vexeta É o fillo do Rei Vexeta e Príncipe dos Guerreiros do espazo. O seu planeta natal é o Planeta Vexeta, destruído por Freezer cando Vexeta aínda era un neno. Dende aquela pasou a traballar para Freezer canda o seu titor, Nappa, e mailo saiyajin, irmán de Son Goku, Raditz. Malia a súa arrogancia, máis adiante confórmase con ter o planeta Terra como o seu lar. Casa con Bulma e xuntos teñen dous fillos: Bra e mais Toranks. Toranks Este personaxe debe ser entendido como dous. O "Toranks do Futuro" vén dun futuro alternativo, para alertar sobre a ameaza dos androides, que tornaron o seu tempo un inferno. O seu mestre de loitas foi Son Gohanda, o único guerreiro vivo na súa liña temporal. O outro é o "Toranks do Presente", un neno de 8 anos e o mellor amigo de Son Goten. Diferentemente da súa contra-parte, el vive unha vida calma e divertida, en virtude de que os outros guerreiros están vivos na súa liña temporal.

Secundarios Bulma É a mellor amiga de Son Goku e mais filla do dono da Corporación Cápsula. É unha muller moi intelixente, mais considérase unha moza linda e fráxil. En Dragon Ball Z, Bulma ten maior participación na Saga de Freezer, mais, durante toda a serie, ela axuda a guerreiros coas súas invencións. Casa con Vexeta e teñen dous fillos, Toranks e mais Bra. Yamcha É un antigo ladrón que abandonou o crime para se xuntar con Son Goku en Dragon Ball. Yamcha adora loitar tanto como adora as mulleres. A súa participación limítase moito debido a forza dos novos inimigos. Ten Shin Han Alumno de Tsuru, o rival de Mutenroi. Ten Shin Han andaba no camiño do mal ata coñecer a Son Goku. El é un humano de tres ollos e o mellor amigo de Chaoz. Chaoz É o mellor amigo de Ten Shin Han, tamén discípulo do Mestre Tsuru. Seguía os mesmos pasos maléficos do seu amigo, adestrando tanto para domina-lo mundo como para matar. É un personaxe feble, que acaba non acompañando o poder de loita dos outros guerreiros; porén, as súas técnicas de auto destrución poden causar grandes danos ó opoñente. Mestre Mutenroi Foi o mestre de Son Goku, Krilín e mais Yamcha. Xubilado dende a aparición do Piccoro Daimaō, foi o humano máis poderoso do planeta. Creou a Kamehameha ou Onda Vital, o principal golpe de Son Goku. Malia non participar máis das loitas, os seus alumnos hónrano usando o seu uniforme de batalla xunto co símbolo. Kamisama "Deus" É o deus da Terra e contra parte de Piccoro. É un namekiano que hai moito tempo foi mandado para a Terra, pois o seu planeta tiña problemas. Aló, el retirou de si toda a súa maldade, que se transformou en Piccoro Daimaō. Na Saga Célula, el fusiónase con Piccoro, volvendo á súa forma orixinal. Dende É un namekiano. Unha das calidades de Dende é a de poder sanda-las persoas e poder falar co dragón das sete bólas máxicas. Fai amizade con Son Gohanda e mais Krilín, cando viaxan ó planeta Namek para atopa-las bólas do dragón dese planeta, mais durante eses eventos as forzas de Freezer invaden o planeta coa mesma intención, e acaba morto polo mesmo Freezer. Tras ser resucitado múdase co seu pobo para o novo planeta Namek, mais tórnase o sucesor de Kamisama, logo de que este se fusionase de novo con Piccoro. Son Goten É o segundo fillo de Son Goku e mais Chichi e o irmán máis novo de Son Gohanda. Imítaselle practicamente o pai, tanto en inocencia como no talento para a loita, Son Goten superou toda á súa familia, en termos de cando eran cativos. Gosta de trebellar co seu mellor amigo Toranks, e xuntos, pódense fusionar creando o guerreiro Songotoranks.

Antagonistas Freezer Foi o culpábel da destrución do Planeta Vexeta e tamén da exterminación dos Saiyajins pois, temía que de entre eles xurdise o Lendario Súper Saiyán. Na procura as bólas máxicas de Namek, Freezer afrontase cos Guerreiros Z, mais ceiba a carraxe de Son Goku ó matar a Krilín, creando o seu peor pesadelo. Con todo, Son Goku déixao vivo e retorna na Saga de Célula, onde é morto por Toranks. Célula Creación suprema do Doutor Guero, Célula foi creado para absorber os androides C-17 e máis C-18 e tornarse un ser perfecto. Célula é constituído de células dos Guerreiros Z e mais de Fricer, podendo así utiliza-lo Kamehameha. El atinxe a súa meta ó supera-lo seu nivel perfecto e consegue matar a Son Goku e a Toranks, mais é destruído polo Kamehameha Son Gohanda. Máxico Boo E un demo creado polo mago Bibidi que hai moito tempo devastou o universo, mais foi trancado nun casulo. Anos despois, o fillo de Bibidi, Babidi esperta a creación do seu pai. Boo ten aparencia fata, mais conseguiu derrota-los guerreiros e destruíla Terra. É morto por Son Goku coa Súper Genki Dama.

Episodios

Dobraxe Estudio: CTV S.A. (Vigo) Tradución: Miguel Vijande Dirección: Antón Pazos Elenco da dobraxe:

Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal (Seiyū)NarradorJorge PedrosaJōji YanamiSon GokuJulio Lorenzo (ep. 1 - 243)Masako NozawaSon GokuAntón Rubal (ep. 244 - 291)Masako NozawaSon Gohanda (Neno)Tonia FuentesMasako NozawaSon Gohanda (Adulto)Iñaki BaliñoMasako NozawaVexetaSuso ÁlvarezRyō HorikawaPiccoroCoté SansegundoToshio FurukawaBulmaAna LemosHiromi TsuruKrilínÓscar FernándezMayumi TanakaMestre MutenroiAntonio DuránKōhei MiyauchiChichiTeresa SantamaríaMayumi ShōYamchaAlfonso AgraTōru FuruyaOolongManuel PombalNaoki TatsutaPuarMaría José CollazoNaoko WatanabeOx (Gyumao)Xosé LoisDaisuke GōriTartaruga?Daisuke GōriTen Shin HanAntón PazosHirotaka SuzuokiChaozCharo MartínezHiroko EmoriKarínBernardo XoséIchirō NagaiDeusSantiago PousaTakeshi AonoYajirobeFernando BusteloMayumi TanakaTou Pai PaiXoán DiéguezChikao ŌtsukaBaba a vedoiraAlicia BorrásJunpei TakiguchiSeñor PopoPaco BarreiroToku NishioSr. PopoXoán Bravo (Subst.)Toku NishioPresentador do Gran TorneoSuso PandoKenji UtsumiSon Goten (Neno)Tonia Fuentes Masako NozawaSon Goten (Adulto)Norberto VilanovaMasako NozawaToranks do FuturoManuel PombalTakeshi KusaoToranks (Neno)Helena AmoedoTakeshi KusaoToranks (Adulto)Nacho CastañoTakeshi KusaoDr. BriefAlfonso AgraJōji YanamiDr. BriefManuel Botana (Subst.)Jōji YanamiDr. BriefBernardo Xosé (Subst.)Jōji YanamiNai de BulmaBeatriz GarcíaMariko MukaiNai de BulmaIsabel Aguilera (Subst.)Mariko MukaiRaditzManuel PombalShigeru ChibaNappaXoán DiéguezShōzō IizukaXuíz YamaXosé LoisDaisuke GōriBoraXoán DiéguezBanjō GingaUpaNacho CastañoMitsuko HorieRei Kaio do NorteBernardo XoséJōji YanamiRei Kaio do NorteXosé Ramón Lojo (dende o ep.51)Jōji YanamiDragón ShenronPaco BarreiroKenji UtsumiKuiMartín MendizábalKōji TotaniFreezerGonzalo FaíldeRyūsei NakaoZarbonIñaki BaliñoShō HayamiDodoriaXoán BravoYukitoshi HoriMooriXosé Ramón LojoKinpei AzusaDendeHelena AmoedoTomiko SuzukiNailSuso PandoKatsuji MoriGran GurúManuel BotanaJunpei TakiguchiCapitán GinyuPaco BarreiroHideyuki HoriJeice?Kazumi TanakaBurterSantiago PousaYukimasa KishinoRecoome Xoán DiéguezKenji UtsumiGuldoMartín MendizábalKōzō ShioyaRei VexetaXoán BravoBanjō GingaBardockJulio LorenzoMasako NozawaMaronBeatriz GarcíaYūko KobayashiGarlic .JrMartín MendizábalShigeru ChibaRei ColdCarlos ReboradaDaisuke GōriC-20 (Dr. Gero)Mingos GonzálezKōji YadaC-19Santiago PousaYukitoshi HoriC-17Miguel VijandeShigeru NakaharaC-18Isabel VallejoMiki ItōC-18Mara González (Subst.)Miki ItōC-16Carlos ReboredaHikaru MidorikawaC-16Fernando Bustelo (Subst.)Hikaru MidorikawaCélulaManuel BotanaNorio WakamotoSeñor SatánSantiago PousaDaisuke GōriPaikuhan Xesús IglesiasHikaru MidorikawaVidel Montse DavilaYūko MinaguchiKaio Shin (Deus Neptuno)?Yūji MitsuyaKibito?Shin AomoriBabidiAlfonso AgraJōji YanamiDablaMingos GonzálezRyūzaburō ŌtomoPui puiFernando BusteloTomohisa AsōBuu gordoXoán Carballido (Subst.)Kōzō ShioyaBuuXoán DiéguezKōzō ShioyaAntigo Rei Kaioh ShinMiguel López VarelaReizō NomotoOobAlicia TaboadaMegumi Urawa

Outros

▪ Aurora Maestre ▪ Xerome Calero

Filmes, Especiais TV e OVAs Filmes A ameaza da zona escura (1989) O máis forte do mundo (1990) Superbatalla na Terra (1990) Son Goku superguerreiro (1991) Os adversarios máis fortes (1991) Combate contra cen millóns de poderosos guerreiros (1992) Os tres grandes superguerreiros (1992) Estala o duelo (1993) O superheroe da galaxia (1993) O regreso de Broly (1994) O combate definitivo (1994) Fusión (1995) O ataque do dragón (1995) A batalla dos deuses (2013) A Resurrección de 'F' (2015)

Especiais TV O pai de Goku (1990) Un futuro diferente (1993)

OVAs Dragon Ball Z Gaiden (1993) O regreso de Son Goku e os seus amigos (2008)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Dragon Ball: O manga As bólas máxicas: A primeira parte do anime Dragon Ball GT: A terceira parte do anime Dragon Ball Z Kai: Adaptación remasterizada de Dragon Ball Z Xabarín Club

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Dragon Ball Categoría:Series de televisión en lingua xaponesa Categoría:Anime con versión galega Categoría:Series de televisión con versión galega