O Ijimaia loppei Roule, 1922, é un peixe que pertence á familia Ateleopodidae, e que habita nas costas atlánticas de África, entre a costa meridional de Marrocos (paralelo 31N) e o cabo de Agullas en Suráfrica (paralelo 35S). Porén, e moi ocasionalmente, ten sido avistado en GaliciaEntregan en el Centro Oceanográfico de Vigo del IEO un extraño pez capturado en aguas gallegas , web do Instituto Español Oceanográfico.

Descrición De cor marrón escura ou negra, é un peixe cunha gran cabeza e un corpo progresivamente máis estreito, semellante a un peixe sapo, que supera o metro de longo.

Ecoloxía Tamén coñecido por Ateleopus barnardi, foi identificado e descrito polo francés Louis Roule en 1922. Coñécese pouco da súa bioloxía e ecoloxía, fóra de que habita en augas fondas, entre os 200 e os 700m de profundidade. Habita os fondos mariños costeiros, onde agarda a chegada doutros peixes máis pequenos e de equinodermos.

Notas

Categoría:Teleósteos Categoría:Animais descritos en 1922