Galicola foi o nome dun refresco de cola feito e distribuído en Galiza pola Asociación Cultural Fontaira, e embotellada por Disbepo, dende outubro de 2009, e que destinaba o 5% das vendas para a promoción e normalización da lingua galega. Presentouse nunha manifestación de Queremos Galego en outubro de 2009, onde venderon 800 botellas. En 2013 segundo datos dos organizadores vendía un máximo de 1250 botellas ao mes. Por outra banda, segundo os impulsores da iniciativa, tamén se buscaba:

Destacar que a asociación organizaba un premio, o premio Angelo Casal, dotado co devantido 5% das vendas e que en 2010 foi concedido á agrupación Mocidade pola Língua para sufragar a súa iniciativa a prol do galego.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da Galicola Galicola, la chispa de la lengua, reportaxe en El País o 30 de outubro de 2009.

Categoría:Bebidas de cola