A serra do Eixe e : Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo (2009), Edicións do Cumio, ISBN 978-84-8289-328-0. Sª do Eixe: páxina 48. Serra do Eixe: páxina 109 (C1-2).<ref>"Eixe, Serra do" en Gran Enciclopedia Galega en DVD.</ref>Mapa: Serras de Galicia en Diciopedia do século 21, t. 3, p. 1920.Mapa físico de Galicia . Xunta de Galicia e Faro de Vigo. Escala 1:350.000. Abril 2012. Aneto Publicaciones. GradualMap. D.L. B-11909-2011."Serra do Eixe" no visor do SIXPAC.Pena Trevinca e serra do Eixe en Turgalicia: ou serra do EixoRúa, A en Diciopedia do século 21, t. 3, p. 1839. é unha cadea montañosa de orientación NO-SL situada no leste de Galicia, a cabalo entre os concellos da Veiga e Carballeda de Valdeorras. Fai parte do macizo de Pena Trevinca.
Características Nela atópanse as alturas máis elevadas de Galicia: Pena Trevinca con 2127 m, Pena Negra con 2121 m, e Pena Surbia con 2116 m de altitude. Separa as concas do río Xares e do río Sil. Dun extraordinario interese natural, nela está O Teixedal, espazo único en Europa e vales glaciares. A aldea de Xares é dun gran valor arquitectónico e etnográfico e padece un lamentable abandono. Parte da Serra está incluída como lugar de importancia comunitaria proposto para a Rede Natura 2000. Encóntrase moi danada por explotacións de lousa e ameazada pola construción de parques eólicos. Limita cun parque natural de Seabra da provincia de Zamora pero a Xunta de Galicia carece dun proxecto de creación dun parque similar no territorio galego. Porén os seus atractivos propiciaron investimentos en turismo rural e de natureza e a declaración da Veiga como municipio turístico de Galicia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía As montañas de Galiza''. Edicións A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1 Ligazóns externas Pena Trevinca e serra do Eixe en Turgalicia: información básica , aves e loxística
Eixe Categoría:Macizo Galaico Categoría:A Veiga Categoría:Carballeda de Valdeorras