Francisco Javier Fernández Vázquez, máis coñecido como Francisco Narla, nado en Friol en 1978, é un piloto e escritor galego en lingua castelá.
Traxectoria Naceu en Friol e ao longo da súa vida residiu en Santiago de Compostela, Madrid, Os Ánxeles e Barcelona.
Entre as súas publicación atópanse relatos, poesía e textos sobre areodinámica aplicada, relacionado coa súa profesión, piloto profesional dunha aeroliñaEntrevista co autor en La Voz de Galicia o 16 de xaneiro de 2009. . En 2009 publicou a súa primeira novela Los lobos del centenoEntrevista co autor en El Progreso..
Exerce tamén como orador en diferentes foros, como centros universitarios ou programas de radio e televisión: Cuarto milenio, El guardián de la noche ou Milenio. Comprometido tamén coa defensa da cultura en proxectos como Lendaria, destinado a recuperar, protexer e divulgar a tradición máxica de Galicia.
Obras
Ficción Los lobos del centeno (2009). Barcelona. Ed. Edhasa. Ed. aumentada en 2019: 256 páxs., ISBN 978-84-350-6337-1, ilustracións de María Teresa Ramos Chao. Versión en galego en 2010. Caja negra (2010). Alberto Santos Editor. 320 páxs. ISBN 978-84-95070-94-4. Novela negra con asasinos en serie, enigmas... Assur (2012). Barcelona. Ed. Edhasa. 864 páxs. En 2020: ISBN 9788435063425. Unha epopea viquinga na Reconquista. Rōnin. La venganza del samurai azotado por el viento (2013). Barcelona. Ed. Edhasa. 792 páxs. En 2021: ISBN 978-84-350-6228-2. No Xapón no ano 1600... Donde aúllan las colinas (2015). Booket. 272 páxs. ISBN 978-84-08-17258-1. Hispania, século I a.c. Xulio César enfróntase ao seu peor inimigo. Onde ouvean os montes (2024). Allariz: Aira Ed. 192 páxs. ISBN 978-84-127695-8-6. Laín. El bastardo (2018). Barcelona. Ed. Edhasa. 768 páxs. ISBN 978-84-350-2185-2. Martín Códax conta a historia de Laín, o bastardo de San Paio nos tempos do rei Afonso X: Galicia, os Pireneos, Venecia, Palestina... Balvanera. La puta beata, el fraile descreído, el indio cojo y el hideputa honrado (2022). Barcelona. Ed. Edhasa. 672 páxs. ISBN 9788435063630. Intento de roubo na frota de Indias, aventuras na Nova España. Breo. El celta que desafió a Roma (2023). Barcelona. Ed. Edhasa. 624 páxs. ISBN 9788435064194. miniatura|Presentación de Breo en Bueu, agosto 2023, acto da Libraría MirandaBreo. O celta que desafiou a Roma (2023). Allariz: Aira Ed. 472 páxs. ISBN 978-84-126649-5-9. Tradución de César Lorenzo Gil.
El buen vasallo (2024). Grijalbo. 720 páxs. ISBN 9788425368547 O bo vasalo (2024). Allariz: Aira. 536 páxs. ISBN 978-84-128837-6-3 Ze: Hielo y viento (2025). Grijalbo. 416 páxs. ISBN 978-8425371462. Ze. Xeo e vento (2025). Allariz: Aira. 376 páxs. ISBN 979-13-990546-7-5.
Triloxía de Compostela Ultreia (2026). Istoria. 616 páxs. ISBN 9791387714239 Ultreia. Triloxía de Compostela I (2026). Allariz: Aira. 552 páxs. ISBN 979-13-991795-0-7. Suseia (2026). Istoria. 624 paxs. ISBN 979-1387714321. A historia do Mestre Mateu. Suseia. Triloxía de Compostela II (2026). Allariz: Aira. 552 páxs. ISBN 979-13-991795-7-6. Santiago (2026). Istoria. 576 páxs. ISBN 979-13-87714-41-3. Santiago. Triloxía de Compostela III (2026). Allariz: Aira. 512 páxs. ISBN 979-13-992309-6-3.
Ensaio
Canon de performance: masa y centrado, y planificación de vuelo (2012). Ed. Paraninfo. 864 páxs. ISBN 9788428332477. Desenvolvemento dos principios básicos da aerodinámica, a aplicación práctica...
De hombres y ríos. Los secretos de la selección española (2021). Barcelona. Ed. Edhasa. 480 páxs. ISBN 978-84-350-6528-3. O segredos da selección española. nos campionatos mundiais FIPS-Mouche, pesca a mosca.
Libros colectivos
Pil-pil y lacón con grelos (2021). Literarte. Gastronomía e restauración vasca e galega.
Premios
2018: Premio Edhasa de Narrativas Históricas por Laín. El bastardo .
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do autor
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Aviadores de Galicia Categoría:Nados en Friol Categoría:Nados en 1978