The Jesus and Mary Chain é unha banda escocesa de rock alternativo formada en East Kilbride, Glasgow en 1983. A base da banda fórmana os irmáns Jim e William Reid. O grupo editou un feixe de álbums, sinxelos e EPs dende a súa formación en 1983 ata a súa separación en 1999, e gañaron notoriedade nos seus primeiros días polos seus curtos concertos e a violencia que se fixo común nos mesmos. No ano 2007 a banda reuniuse.
Historia
Primeiros anos Os irmáns Jim e William Reid inspiráranse para formar unha banda xa en 1977, escoitando grupos da escena punk británica; a principios dos 80 formaron o seu propio grupo. William dixo, "Foi o momento perfecto porque alí non había ningunha banda de guitarras. Todo o mundo estaba facendo esa música pop electrónica". Antes de formar a banda os irmáns pasaran cinco anos no paro, tempo durante o cal compuxeron e gravaron cancións en casa e traballaron no son e na imaxe do grupo.Robertson 1988, p. 8 Orixinalmente chamada The Poppy Seeds,Wilson 2004, p. 226 e despois Death of Joey, inicialmente dixeron aos xornalistas que tomaron o seu nome final dunha liña dunha película de Bing Crosby, aínda que seis meses despois admitiron que non era certo.Robertson 1988, p. 16Strong 2003, p. 383 Outras fontes suxiren que o nome deriva dunha oferta nun paquete de cereais para o almorzo, onde os clientes podían conseguir unha cadea de ouro de "Jesus & Mary".
Os irmáns comezaron a gravar e a enviar demos a compañías discográficas en 1983 (usando un Portastudio mercado coas 300 libras que o seu pai lles deu do seu despido tras perder o seu traballo nunha fábrica), e a principios de 1984 recrutaron ao baixista Douglas Hart e ao batería adolescente Murray Dalglish. Entre as súas primeiras influencias estaban The Velvet Underground, The Stooges e The Shangri-Las. William dixo en 1985, "Todos amamos a The Shangri-Las, e algún día faremos discos Shangri-Las". Jim mencionou o seu gusto por Pink Floyd, Siouxsie and the Banshees, The Monkees e Muddy Waters. As primeiras demos tiñan semellanzas cos Ramones, incitando aos irmáns engadir outro elemento ao seu son; en palabras de William: "Esa é a razón pola que comezamos a usar ruído e retroalimentación. Queremos facer discos que soen diferentes".Robertson 1988, p. 15 A banda comezou a realizar concertos na primavera de 1984. Nos primeiros días a guitarra de William Reid estaba desafinada, mentres que a batería de Dalglish estaba limitada a dous tambores, e o baixo de Hart só tiña tres cordas, baixando a dúas en 1985; segundo Hart "son as dúas que uso, quero dicir, porque carallo gastar cartos noutras dúas? Dúas son suficiente".Entrevista en Sky News, 1985
Loitando para conseguir concertos, a banda presentábase en locais dicindo ser os abreconcertos, tocando un curto repertorio e facendo unha saída rápida. Despois de non conseguir xerar ningún interese entre os promotores de concertos e selos en Escocia, a banda mudouse a Fulham, Londres, en maio de 1984, e pouco despois a súa cinta demo foi pasada ao tamén escocés Alan McGee a través de Bobby Gillespie. Posteriormente McGee promoveu un concerto para a banda no Living Room de Londres en xuño de 1984. Tras escoitar a proba de son McGee ofreceulles un contrato único con Creation Records, ademais de converterse tamén no seu representante.Robertson 1988, p. 17Larkin 1992, p. 227 O seu sinxelo de estrea, "Upside Down", foi gravado en outubro e publicado en novembro dese ano.Strong 2003, p. 129 As sesións foron producidas por Joe Foster, pero McGee, insatisfeito co traballo de Foster, remesturou a cara A, aínda que a cara B, unha versión da canción de Syd Barrett "Vegetable Man", quedou acreditada a Foster.Robertson 1988, p. 18 A banda estaba gañando cada vez máis atención da prensa musical nesa época, sendo descritos por Neil Taylor, da revista NME, como "a mellor banda do mundo".Robertson 1988, p. 21
Dalglish deixou a banda en novembro de 1984 tras unha disputa sobre cartos e foi substituído pouco despois por Bobby Gillespie, que tamén formara Primal Scream dous anos antes, en 1982. No mes de decembro a banda foi arrestada por posesión de anfetaminas, e Jim Reid tamén confesou ter consumido LSD. "Upside Down" chegou ao número 1 da lista independente británica en febreiro de 1985 e novamente en marzo, estando na lista durante 76 semanas, vendendo unhas 35 000 copias, e converténdose nun dos sinxelos máis vendidos dos anos 80.Robertson 1988, p. 19Lazell 1997, p. 123
Tocando diante de pequenas audiencias, durante os primeiros concertos The Mary Chain fixo actuacións moi curtas, normalmente alimentadas con anfetaminas e durando uns 20 minutos, e tocando de costas á audiencia, negándose a falar co público. A finais de decembro de 1984 a banda actuou como parte do ICA Rock Week. Durante o seu concerto tiráronse botellas ao escenario, e a prensa esaxerou os eventos afirmando que houbera disturbios, publicando o xornal nacional The Sun unha historia sobre a banda concentrándose na violencia e as drogas. O grupo gañou a etiqueta de "Os novos Sex Pistols", facendo que varios consellos locais lles prohibisen tocar na súa área.Robertson 1988, p. 22
Psychocandy miniatura|251x251px|Jim Reid O éxito de "Upside Down" fixo interesarse a Blanco y Negro Records, filial de WEA, que asinou un contrato co grupo a principios de 1985. A banda editou o sinxelo "Never Understand" en febreiro, acadando o número 47 da lista británica de sinxelos. O selo rexeitara inicialmente lanzar o tema debido á súa cara b, "Suck", pero foi adiante debido á alternativa dada pola banda, unha canción chamada "Jesus Fuck".Robertson 1988, p. 31 O grupo estaba ansioso por lanzar "Jesus Fuck", e McGee llegou a producir edicións de proba dun relanzamento de "Upside Down" co tema como cara b, antes de que a banda insistise a Blanco y Negro para que incluíse a canción no seu seguinte sinxelo. O lanzamento de "You Trip Me Up" atrasouse debido a que o persoal da planta de prensado negouse a fabricalo debido á presenza da canción, agora retitulada "Jesus Suck"; O sinxelo publicouse en xuño de 1985 cunha nova cara b, "Just Out of Reach". John Peel conseguiu que a banda gravase unha segunda sesión para o seu programa na BBC Radio 1 en febreiro de 1985 (a primeira fora uns meses antes), e o grupo tamén fixo unha aparición nos programas de televisión Whistle TestThe Old Grey Whistle Test Vol. 3 (DVD). BBC Video. 2006. en marzo e The Tube ese mesmo ano.Robertson 1988, p. 24 O terceiro sinxelo para Blanco y Negro, "Just Like Honey", publicado en outubro, conseguindo con el o seu maior éxito ata a data e acadando o número 45.
Ansiosa por evitar a violencia dos seus primeiros concertos e por darlle unha oportunidade ás súas cancións para ser escoitadas sen distorsión e retroalimentación, a banda planeou realizar varios concertos acústicos non anunciados apoiando a Sonic Youth, pero a idea abandonouse cando os plans foron filtrados.Robertson 1988, p. 48 O seu álbum de estrea, Psychocandy, lanzouse en novembro dese ano. O álbum fusionaba as dúas influencias principais dos Reid: o ruído de guitarras de The Stooges e The Velvet Underground coas composicións e melodía pop de The Beach Boys, The Shangri-Las e Phil Spector. De feito, o primeiro tema do álbum, "Just Like Honey", toma prestado a famosa introdución de batería de Hal Blaine para o clásico de 1963 de The Ronettes "Be My Baby", producido e coescrito por Spector.Robertson 1988, pp. 49, 56 O disco recibiu críticas positivas e no presente considérase unha gravación histórica.Robertson 1988, p. 52 O batería Bobby Gillespie anunciou a súa marcha da banda en outubro de 1985 para centrase en Primal Scream.Robertson 1988, p. 51 Gillespie gravara a meirande parte das baterías en Psychocandy, con John Moore encargándose da batería cando Gillespie non estaba dispoñible. Finalmente Moore acabaría substituíndo a Gillespie. John Loder tamén se encargou da batería nos directos cando Gillespie non podía tocar.
Cando a banda asinou con Blanco y Negro en xaneiro de 1985, houbo historias que falaban de que os seus membros roubaran cartos da chaqueta do director xeral Rob Dickens e esnaquizaran a súa oficina. Esas historias non eran certas, pero foron vistas como unha boa publicidade polo seu representante.Robertson 1988, p. 23 Nunha actuación na televisión belga en marzo de 1985 a banda esnaquizou o escenario e o equipo de son, pero isto foi a petición do produtor do programa. Agardábase este tipo de comportamento por parte da banda e moitos dos seus concertos culminaban cos irmáns Reid esnaquizando o seu equipo, seguido moitas veces polo lanzamento de proxectís do público cara ao escenario. miniatura|251x251px|William Reid O 15 de marzo de 1985 The Jesus and Mary Chain realizou un concerto no North London Polytechnic diante dunha das súas maiores audiencias ata a data. Os organizadores venderan máis entradas que as que permitía a capacidade do local, deixando a centos de persoas fóra. Cando Gillespie e Hart intentaron romper as pechaduras chamouse á policía. Os abreconcertos Meat Whiplash alentaran a violencia antes da actuación de The Mary Chain cando o seu cantante Paul McDermott lanzou unha botella ao público, facendo que catro asistentes o atacasenan e que a banda tivese que deixar o escenario. O segundo grupo, The Jasmine Minks, realizou o seu concerto sen incidentes, pero The Jesus and Mary Chain mantivo á audiencia agardando máis dunha hora antes de subir ao escenario, rematando o concerto tras tocar menos de 20 minutos. Algunhas persoas comezaron a lanzar latas a onde os membros da banda se agachaban tras as cortinas do escenario, antes de subirse e esnaquizar o equipo que aínda quedaba alí. A violencia continuou ata que a policía puido controlar a situación. O local culpou á tardanza da banda e a dous fallos do equipamento, mentres que McGee emitiu un comunicado dicindo que "a audiencia non estaba esnaquizando a sala, estaba esnaquizando a música pop", e que "Isto é realmente arte como terrorismo".Robertson 1988, p. 25 Ao pouco tempo a violencia comezou a ser un obstáculo para a banda, con xente asistindo aos seus concertos só pola violencia. William comentou "Ódioo, desprézoo. Interponse no camiño de conseguir máis concertos, e interponse no camiño da nosa imaxe". Durante o resto de 1985 canceláronse moitas actuacións debido a que os promotores e concellos non querían arriscarse a disturbios. A violencia estoupou novamente nunha actuación no Electric Ballroom en Camden Town en setembro, con botellas lanzadas á banda mentres tocaba e parte do público esnaquizando o equipo de amplificación e despois o de iluminación, con varias persoas feridas por mor dos cristais lanzados.Robertson 1988, p. 26 Un dos principais factores para esta reacción da audiencia era a lonxitude das actuacións do grupo na época, que adoitaba a ser menor de 25 minutos. Jim explicou este feito dicindo, "nunca houbo un grupo o suficientemente bo para tocar máis". A falta de cancións tamén foi un factor segundo Jim: "Só tiñamos suficientes cancións para tocar ese tempo".Robertson 1988, p. 27