Héctor Pedro Scarone, coñecido como El mago, nado o 26 de novembro de 1898 en Montevideo e finado o 4 de abril de 1967 na mesma cidade, foi un futbolista uruguaio. Xogaba na posición de extremo (dianteiro) e foi internacional coa selección uruguaia. Militou durante a maior parte da súa carreira no Nacional, club co que marcou 301 goles en 369 partidos, sendo o segundo máximo goleador da súa historia e o terceiro de toda a Primeira División do Uruguai.

Foi considerado o "mellor xogador do mundo" nos anos 20 e é unha das grandes figuras da historia do fútbol suramericano. Foi un dos membros da selección uruguaia que conquistou a primeira edición da Copa do Mundo en 1930, e gañou tamén catro veces a Copa América e dúas medallas de ouro nos Xogos Olímpicos. Os seus 31 goles coa selección valéronlle para manterse como o máximo goleador do combinado durante máis de oito décadas, ata que foi superado en 2011 por Diego Forlán. Futbolista de grande habilidade, a súa seguridade en converter penaltis fíxose lenda (nunca fallou un).

Era o irmán máis novo de Carlos Scarone, outro histórico futbolista de Nacional e do fútbol uruguaio.

Traxectoria Futbolista A nivel de clubs, Scarone xogou a maior parte da súa carreira en Nacional. Debutou no equipo do Parque Central en 1917 e alí xogou até o seu retiro en 1939, salvo tres anos nos que se desempeñou no fútbol europeo: 1926, cando defendeu as cores do FC Barcelona, 1932, cando xogou para o Società Sportiva Ambrosiana (hoxe Inter de Milán) e 1934, cando actuou no Palermo.

En Nacional, Scarone posúe a marca de maior cantidade de anos xogando para a institución (20 anos), e é o terceiro máximo goleador na historia da liga do Uruguai con 163 goles. Obtivo a Primeira División do Uruguai en oito ocasións: 1916, 1917, 1919, 1920, 1922, 1923, 1924 e 1934, a Copa de Honra (Cousenier) en 1917 e a Copa Río da Prata (Dr. Ricardo Aldao) en 1919 e 1920. Xogou en total (incluíndo amigables) 369 partidos con Nacional, marcou 301 goles e na súa dilatada traxectoria de 24 anos como futbolista, no Uruguai só xogou por Nacional.

Adestrador Como adestrador, Scarone dirixiu, entre outros, a Nacional, ao Millonarios de Colombia e ao Real Madrid de España, sen maior transcendencia.

Selección nacional Coa selección uruguaia gañou a Copa América en 1917, 1923, 1924 e 1926; a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928 e o Mundial de 1930. Disputou un total de 51 partidos oficiais co combinado charrúa e anotou 31 goles. A súa cifra goleadora mantívose como a máis alta da historia da selección ata 2011, cando foi superada por Diego Forlán. Incluíndo os encontros non oficiais, o Mago Scarone anotou 52 goles en 70 partidos coa camiseta celeste.

Participacións en Copas do Mundo MundialSedeResultadoPX (G)Mundial de 1930UruguaiCampión3 (1)

Participacións en Xogos Olímpicos XogosSedeResultadoPJ (G)Xogos Olímpicos 1924ParísCampión5 (4)Xogos Olímpicos 1928ÁmsterdanCampión3 (3)Total 2/28 (7)

Participacións en Copa América CopaSedeResultadoPJ (G)Copa América 1917UruguaiCampión3 (2)Copa América 1919BrasilSubampión4 (1)Copa América 1923UruguaiCampión3 (1)Copa América 1924UruguaiCampión2 (0)Copa América 1926ChileCampión4 (6)Copa América 1927PerúSubcampión2 (3)Copa América 1929Arxentina3° posto0Total4/718 (13)

Clubs e estatísticas EquipoPaísPeríodoPartidosGolesMediaNacionalUruguai1916—19261151080,94BarcelonaEspaña19261890,50NacionalUruguai1927—193145390,87Inter MilánItalia1931—19321470,50PalermoItalia1932—193454130,24NacionalUruguai1934—193831160,52Selección uruguaia1917—193051310,61 TOTAL 1916—19383282230,68

Palmarés como futbolista Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoPrimeira División do UruguaiNacionalUruguai1916Primeira División do UruguaiNacionalUruguai1917Primeira División do UruguaiNacionalUruguai1919Primeira División do UruguaiNacionalUruguai1920Primeira División do UruguaiNacionalUruguai1922Primeira División do UruguaiNacionalUruguai1923Primeira División do UruguaiNacionalUruguai1924Primeira División do UruguaiNacionalUruguai1934

Copas internacionais TítuloEquipoAnoCopa AméricaSelección uruguaia1917Copa AméricaSelección uruguaia1923Copa AméricaSelección uruguaia1924Ouro nos Xogos OlímpicosSelección uruguaia1924Copa AméricaSelección uruguaia1926Ouro nos Xogos OlímpicosSelección uruguaia1928Copa Mundial de FútbolSelección uruguaia1930

Distincións individuais DistinciónAnoMellor xogador da Copa América1917Máximo goleador da Copa América 1926Máximo goleador da Copa América 1927Goleador histórico da selección uruguaia 21º posto na clasificación do mellor xogador suramericano do século XX200640º posto na clasificación do mellor xogador do mundo do século XX2006

Marcas É o único xogador uruguaio que logrou anotar cinco goles nun partido oficial. Na Copa América de 1926, o Uruguai venceu a Bolivia 6 a 0, con 5 goles de Scarone. É o sétimo máximo goleador na historia da Copa América con 13 goles en total. É o segundo máximo goleador na historia do Club Nacional de Football de Montevideo, despois de Atilio García. Cuarto máximo goleador da historia da selección de fútbol do Uruguai con 31 goles.

Véxase tamén Ligazóns externas Héctor Scarone

Categoría:Futbolistas olímpicos do Uruguai Categoría:Xogadores do Club Nacional de Football Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Inter de Milán Categoría:Xogadores do US Palermo Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Uruguai Categoría:Adestradores de fútbol do Uruguai Categoría:Adestradores do Real Madrid CF Categoría:Adestradores do Club Nacional de Football Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Uruguaios de ascendencia italiana Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1930 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1924 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polo Uruguai Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1924 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial Categoría:Adestradores do Deportivo Quito