Alan Sillitoe, nado o 4 de marzo de 1928 e finado o 25 de abril de 2010, foi un escritor británico e un dos "xoves irados" dos 50s. Non lle gustaba esta etiqueta, como a moitos dos outros escritores aos que se lles aplicou.
Traxectoria Sillitoe naceu en Nottingham, de pais obreiros. Ao igual que Arthur Seaton, o antiheroe da súa primeira novela Saturday Night and Sunday Morning, seu pai traballou na fábrica Raleigh.
Deixou de estudar aos 14 e traballou na fábrica Raleigh durante os seguintes catro anos, empregando o tempo libre en ler. Logo alistouse na Royal Air Force. Ao volver a Inglaterra, descubríuselle tuberculose e pasou 16 meses nun hospital da RAF.
Aos 21 anos concedéronlle unha paga de 45 xilins á semana e viviu en Francia e España durante sete anos intentando recuperarse. En 1955, mentres vivía en Mallorca coa súa compañeira, a poeta americana Ruth Fainlight, e en contacto co poeta Robert Graves, Sillitoe empezou a traballar en Saturday Night and Sunday Morning, que se publicou en 1958. Influenciado en parte pola prosa de Hemingway, o libro narra as vicisitudes vitais dun obreiro novo que se debe enfrontar ao final do seus flirteos de xuventude. Ao igual que Look Back in Anger, de John Osborne e Room at the Top, de John Braine, o verdadeiro tema da novela é o sentimento de desilusión da posguerra, e a ausencia de oportunidades para a clase obreira. Foi adaptada para o cine por Karel Reisz en 1960, con Albert Finney no papel de Arthur Seaton.
A narración curta The Loneliness of the Long Distance Runner, que trata a rebelión dun rapaz que está nun reformatorio e ten talento para correr, fíxolle merecedor do Hawthornden Prize en 1959. Tamén tivo unha adaptación cinematográfica, en 1962, dirixida por Tony Richardson e con Tom Courtenay no papel principal.
Casou logo con Ruth Fainlight, con quen tivo dous fillos, David e Susan e viviu en Londres.
Sillitoe escribiu moitas novelas e varios volumes de poesía. A súa autobiografía Life Without Armour recibiu moi boas críticas ao ser publicada en 1995, e explica a crudeza da súa infancia.
En 2007 publicouse Gadfly in Russia, unha crónica dos seus viaxes por Rusia nun abano de corenta anos. En 2008 reeditou A Start in Life, como parte da súa serie London Classics series e como celebración do seu 80º aniversario.
Un dos seus máximos desexos, facer unha nova versión cinematográficoa de Saturday Night Sunday Morning, non se puido cumprir. O intento foi bloqueado pola defunta Natasha Richardson, que era dona dos dereitos do libro dende que seu pai o adaptara nos 60s.
Morreu o 25 de abril de 2010 no Charing Cross Hospital, de cancro anos despois de telo diagnosticado.
Ficción Saturday Night and Sunday Morning, Londres: Allen, 1958; Nova York: Knopf, 1959. Nova edición con introdución de Sillitoe, comentarios e notas de David Craig. Na edición de Longman (1976) hai imaxes da película. A soidade do corredor de fondo, Londres: Allen, 1959; Nova York: Knopf, 1960 The General, Londres: Allen, 1960; Nova York: Knopf, 1961 Key to the Door, Londres: Allen, 1961; Nova York: Knopf, 1962; reeditado, cun novo prefacio de Sillitoe, Londres: Allen, 1978 Road To Volgograd, Londres: Allen, 1964; Nova York: Knopf, 1964 The Death of William Posters, Londres: Allen, 1965; Nova York: Knopf, 1965 The City Adventures of Marmalade Jim, Londres: Macmillan, 1967; Toronto: Macmillan, 1967; edición revisada, Londres: Robson, 1977 A Tree on Fire, Londres: Macmillan, 1967; Garden City, NY: Doubleday, 1968 A Sillitoe Selection: Eight Short Stories,. Londres: Longman, 1968 A Start in Life, Londres: Allen, 1970; Nova York: Scribners, 1971 Travels in Nihilon, Londres: Allen, 1971; Nova York: Scribners, 1972 Men, Women and Children, Londres: Allen, 1973; Nova York: Scribners, 1974 From Canto Two of The Rats, Wittersham, Kent: Alan Sillitoe, 1973 Somme, Londres: Steam Press, 1974. En Steam Press Portfolio, no. 2. 50 copias The Flame of Life, Londres: Allen, 1974 Down to the Bone, Exeter: Wheaton, 1976 Day-Dream Communiqué, Knotting, Bedfordshire: Sceptre Press, 1977. 150 copias Big John and the Stars, Londres: Robson, 1977 The Widower's Son, Allen, 1976; Nova York: Harper & Row, 1977 The Incredible Fencing Fleas, Londres: Robson, 1978. Illus. Mike Wilks. The Storyteller, Londres: Allen, 1979; Nova York: Simon & Schuster, 1980. Marmalade Jim at the Farm, Londres: Robson, 1980 More Lucifer, Knotting, Bedfordshire: Martin Booth, 1980. 125 copias Her Victory, Londres: Granada, 1982; Nova York: Watts, 1982 The Lost Flying Boat, Londres: Granada, 1983; Boston: Little, Brown, 1983 The Saxon Shore Way: From Gravesend to Rye, de Sillitoe and Fay Godwin. Londres: Hutchinson, 1983 Down from the Hill, Londres: Granada, 1984 Marmalade Jim and the Fox, Londres: Robson, 1984 Life Goes On, Londres: Granada, 1985 Out of the Whirlpool. Londres: Hutchinson, 1987 Every Day of the Week: An Alan Sillitoe Reader. Introd. John Sawkins. Londres: W. H. Allen, 1987. The Open Door, Londres: Grafton/Collins, 1989 Last Loves, Londres: Grafton, 1990; Boston: Chivers, 1991 Leonard's War A Love Story. Londres: HarperCollins, 1991 Shylock the Writer, Londres: Turret Bookshop, 1991 The Mentality of the Picaresque Hero, Londres: Turret Bookshop, 1993, Turret Papers, no. 2. 500 copias Snowstop, Londres: HarperCollins, 1993 Life Without Armour. Londres: HarperCollins, 1995. (autobiografía) The Broken Chariot, Londres: Flamingo/HarperCollins, 1998 The German Numbers Woman, Londres: Flamingo/HarperCollins, 1999 Birthday, Londres: Flamingo/HarperCollins, 2001 A Man of His Time, Flamingo (Reino Unido), 2004, ISBN 0-00-717327-X; Harper Perennial (Estados Unidos), 2005. ISBN 0-00-717328-8; ISBN 978-0-00-717328-0
Cine The Ragman's Daughter (1972) (baseada na novela) Counterpoint (1967) (baseada na novela "The General") The Loneliness of the Long Distance Runner (1962) (guión baseado na historia curta) Saturday Night and Sunday Morning (1960) (guión baseado na propia novela)
Traducións Chopin’s Winter in Majorca 1838–1839, de Luis Ripall, traducido por Sillitoe. Palma de Majorca: Mossen Alcover, 1955 Chopin’s Pianos: The Pleyel in Majorca, de Luis Ripall, traducido por Sillitoe. Palma de Majorca: Mossen Alcover, 1958 All Citizens Are Soldiers (Fuente Ovejuna): A Play in Two Acts, de Lope de Vega traducida por Sillitoe e Ruth Fainlight. Londres: Macmillan, 1969; Chester Springs, PA: Dufour, 1969 Poems for Shakespeare, volume 7, editada e traducida por Sillitoe e Ruth Fainlight. Londres: Bear Gardens Museum & Arts Centre, 1980
Poesía Without Beer or Bread, Dulwich Village: Outposts, 1957 The Rats and Other Poems, Londres: Allen, 1960 Falling Out of Love and Other Poems, Londres; Allen, 1964; Garden City, NY: Doubleday, 1964 Shaman: And Other Poems", Turret, 1968 Edición limitada de 500 copias, 100 copias asinadas e numeradas Love in the Environs of Voronezh and Other Poems, Londres: Macmillan, 1968; Garden City, NY: Doubleday, 1969. Poems, de Sillitoe, Ruth Fainlight e Ted Hughes; Londres: Rainbow Press, 1971. 300 copias Barbarians and Other Poems, Londres: Turret Books, 1973. 500 copias Storm: New Poems, Londres: Allen, 1974 From Snow on the North Side of Lucifer, Knotting, Bedfordshire: Sceptre Press, 1979. 150 copias Snow on the North Side of Lucifer: Poems, Londres: Allen, 1979 Poems for Shakespeare 7, Bear Gardens Museum and Arts Centre, 1979 Edicións limitada a 500 copias, todas numeradas Sun Before Departure: Poems, 1974–1982, Londres: Granada, 1984 Tides and Stone Walls: Poems, con fotografías de Victor Bowley; Londres: Grafton, 1986 Three Poems, Child Okefurd, Dorset: Words Press, 1988. 200 copias Collected Poems, Londres: HarperCollins, 1993
Ensaio Mountains and Caverns: Selected Essays, Londres: Allen, 1975 Words Broadsheet Nineteen, de Sillitoe e Ruth Fainlight. Bramley, Surrey: Words Press, 1975. Broadside “The Interview”, Londres: The 35s (Women’s Campaign for Soviet Jewry), 1976 Israel: Poems on a Hebrew Theme, con debuxos de Ralph Steadman; Londres: Steam Press, 1981 98 copias. Alan Sillitoe’s Nottinghamshire, con fotografías de David Sillitoe. Londres: Grafton, 1987
Teatro Three Plays, Londres: Allen, 1978 contén The Slot-Machine, The Interview, Pit Strike
Compilacións Every Day of the Week: An Alan Sillitoe Reader, cunha introdución a cargo de John Sawkins Londres: Allen, 1987 Collected Stories, Londres: Flamingo, 1995
Coleccións de narracións curtas The Ragman’s Daughter and Other Stories, Londres: Allen, 1963; Nova York: Knopf, 1964 Guzman, Go Home, and Other Stories, Londres: Macmillan, 1968; Garden City, NY: Doubleday, 1969; reed., cun novo prefacio de Sillitoe, Londres; Allen, 1979 Men, Women and Children, Londres: Allen, 1973; Nova York: Scribners, 1974 The Second Chance and Other Stories, Londres: Cape, 1981; Nova York: Simon & Schuster, 1981 The Far Side of the Street: Fifteen Short Stories, Londres: Allen, 1988 Collected Stories. Nova York: HarperCollins, 1996. Alligator Playground: A Collection of Short Stories, Flamingo, 1997, ISBN 0-00-655073-8 New and Collected Stories, Carroll and Graf, 2005. ISBN 0-7867-1476-X
Autobiografía Raw Material, Londres: Allen, 1972; Nova York: Scribners, 1973; reed., Londres: Pan Books, 1974; novamente reed., Londres: Star Books, 1978; novamente reed., Londres: Allen, 1979 Life Without Armour, (HarperCollins, 1995) ISBN 0-00-255570-0, ISBN 978-0-00-255570-8
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Nados en Nottingham Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2010