O Porto de Meloxo é un lugar da parroquia de San Martiño do Grove no concello pontevedrés do Grove, na Comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2025 tiña 264 habitantes (124 mulleres e 140 homes), o que representa un descenso respecto ós anos 2016, cando tiña 287 veciños, e 2010, cando eran 291.

Trátase dun típico barrio mariñeiro, considerado por Turgalicia como Conxunto singular, no que se concentran boa parte das industrias da pesca radicadas no concello, así como establecementos de carpintería de ribeira. Notas

Lugares e parroquias Lugares da parroquia do Grove

Parroquias do Grove

Categoría:Lugares do Grove