Arcade Fire (a miúdo tamén escrito como The Arcade Fire) é unha banda canadense de rock alternativo formada no ano 2001 en Montreal, Quebec liderada polo matrimonio formado por Win Butler e Régine Chassagne. O resto dos seus compoñentes son Will Butler, Richard Reed Parry, Tim Kingsbury, Jeremy Gara e Sarah Neufeld.
A banda utiliza instrumentos que non son frecuentes nunha banda de rock coma violíns, violas, violonchelos, pianos, mandolinas, ukeleles, acordeóns, xilófonos ou zanfonas. En directo os membros do grupo adoitan intercambiarse os instrumentos dunha canción a outra.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Funeral 2004 Merge Records Neon Bible 2007 Merge Records The Suburbs 2010 Merge Records Reflektor 2013 Merge Records Everything Now 2017 Sonovox, Columbia RecordsWe2022ColumbiaPink Elephant2025Columbia
EPs Arcade Fire - 2003 (Merge) Arcade Fire & David Bowie at Fashion Rocks - 2005 (iTunes Music Store)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Grupos musicais de Montreal Categoría:Grupos musicais formados en 2003